29.4.21

XELA ARIAS. ONDE CANTA A POETA

A RAG está a emitir dende comezos do mes de abril, a través da canle de Youtube institucional e da web academia.gal, a serie documental Xela Arias. A palabra esgazada, composta por 6 episodios de entre 10 e 15 minutos. A aposta pola comunicación audiovisual inclúe ademais a serie de micropezas Xela Arias. Onde canta a poeta.
 

21.4.21

"Coreografía-Xela Arias"

Coreografía argallada por unha alumna de 6º de Primaria (Lola) para os retrousos da canción "Canto sei", producida no colexio e baseada nun poema de Xela Arias ("Darío a diario").

16.4.21

Vida e obra de Xela Arias Castaño - 5º Colexio San Pío X (Ourense) #Letr...

O Camiño Francés a través da súa toponimia (1)

 Camiño Francés Galego a través da súa toponimiaVer  as demais etapas (Seis breves pezas divulgativas que mostran o Camiño de Santiago desde unha perspectiva etnográfica, cultural e lingüística que pon en valor a toponimia galega para que o peregrino comprenda desde un punto de vista novo a relevancia da Ruta Xacobea e a súa impronta na configuración cultural da actual Europa.)