Amosando publicacións coa etiqueta Muiñeira de Santo Amaro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Muiñeira de Santo Amaro. Amosar todas as publicacións

3.6.19

Muiñeira de San Amaro

Señor cura, señor cura,
a doutrina non lla sei,
pidame unhas cantiguiñas
que eu llas repinicarei!

Moza bonita no mundo
non debera de nacer,
porque fai como a mazá,
todos a queren comer.

Ser solteiro é boa cousa,
o ser casado tamén,
deixarei pra cando morra
pensar no que me convén.

Por dicir Viva San Roque!
prenderon o meu irmán,
agora que o soltaron:
Viva San Roque e o can!