23.3.20

Chuvia, poalla, borralla , trebón ...

Das máis de 70 palabras que temos sobre a chuvia, cal é a que máis che gusta? (Artigo relacionado)
Chuvia: precipitación en forma de pingas Variantes dialectais: choiva, chuva, chuiva.
Os nomes dependerán,
da zona ou comarca, segundo vaia acompañada con neve, con vento, segundo a intensidade, etc. Deixamos aquí unha pequena clasificación que fixemos das atopadas na páxina web www.ogalego.eu.org Na mesma páxina temos ditos, refráns, adxectivos e verbos relacionados, e outras curiosidades sobre a chuvia.
Chuvia miúda e pouco intensa: babuña, babuxa, barbaña, barbuña, barbuza, barrallo, barrufa, barrufo, barruñeira, borralla, borrallada, chuviñada, chuvisca, chuviscada, froalla, lapiñeira, marmaña, poalla, poallada, poallo, poalleira, zarapallada, zarzallo.
Chuvia miúda e de pouca duración: orballada, orballeira, orballiscada (poquísimo tempo) Chuvia miúda e pouco intensa mesturada con néboa: barruzo, breca. Chuvia fina persistente: balloada, barruzada, morriña, morriñada, orballo, patiñeira, patumeira. Chuvia repentina, intensa e curta: basto, bátega, bategada, cebra (acompañada con vento), chuviñeira. Tromba de auga forte e intensa, tormenta: Arroiada, Ballón, bategada, chuvieira, torbón, treboada, trebón, torbada, torboada. Chuvia forte e con vento: brea, cifra, ciobra, chuvascada, chuvasco, zarracina (con forte vento) Chuvia moi abundante e intensa: diluvio, dioiva, dioivo. Choiva forte e intensa, tromba de auga forte e intensa, chuvia repentina, intensa e curta: chaparrada, chaparrazo. Sarabiada forte: cebrisca Temporal de chuvia e neve con vento forte: cebrina, cebrisca. Trebón de auga fría con vento ou neve miúda: calistro, corisco, coriscada. Outras : Decembra: chuvia forte e prolongada habitual en decembro Escarabana: auga moi fría con sarabia Marceada: tempo con claros e chuvias propio de marzo Mera: chuvia moi fina que se desprende da néboa mesta Salseiro: pingas de auga que producen unha néboa mesta provocada polo vento na superficie do mar Torba: auga de chuvia mesturada con neve fina Xistra: chuvia e neve con vento moi frío Máis no artigo "Chove sobre mollado", do blogue O Refraneiro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario