29.5.20

"Julie Manet e un gato" - Pierre Renoir - Cora Q.V. (6ºC)

Título orixinal: Julie Manet dit aussi L'enfant au chat Julie Manet tamén chamado "A rapaza cun gato "(1887).
"Eu son Julie Manet. Meus pais, Berthe Morisot e Eugène Manet, tiñan unha grande amizade co pintor Pierre Renoir, ao que admiraban polo seu gran talento. Por iso, no é de extrañar que decidiran encargarlle a este  pintor maestro do impresionismo  un retrato meu. Nacín en 1878 e o cadro pintouse en 1887, cando eu tiña 9 anos. A técnica pictórica empregada foi o óleo. Recordo que as sesións nas que posei para Renoir foron,  moi tranquilas e que o cadro foi pintado pouco a pouco, algo que non era propio deste artista. Din que o cadro desprende felicidade e encanto, que miro ao espectador con ollos cheos de vida. No meu colo atópase moi cómodo o meu gato, que está descansando e cheo de ledicia nos meus brazos. Din que alguén que non vivira cun gato non podería reproducir a expresión dun animal como fixo Renoir.  O cadro podedes velo no Museo d’Orsay, París (Francia)."  Cora Q.V.  (6ºC) - Ver máis Cadros Vivos

"Os 3 músicos" - P. Picasso e "O Grito" E. Munch - Cecilia C. G. (4ºC)


28.5.20

"Autorretrato coa orella cortada" -Van Gogh - Daniel B. D. (6ºA)

"Vincent Willem Van Gogh foi un pintor neerlandés, un dos principais expoñentes do postimpresionismo. Pintou  900 cadros (entre eles 43 autorretratos e 148 acuarelas) e realizou mais de 1600 debuxos. Unha figura central na súa  vida foi o seu irmán menor Theo, marchante do arte en París, quen lle prestou apoio financeiro de maneira continua e desinteresada. Van Gogh foi esencialmente autodidacta. A calidade da súa obra foi recoñecida solo despois da súa morte, nunha exposición retrospectiva en 1890, considerándose na actualidade un dos grandes maestros da historia da pintura.  “A orella de Van Gogh”: Cortou  a súa orella realmente cunha navalla?  Van Gogh centraba a súa vida arredor dunha persoa esencial para él: Paul Gauguin. Unha noite, e durante unha visita a un prostíbulo, Gauguin comentoulle a súa intención de deixalo, non soportaba os seus cambios de humor, as súas excentricidades e debilidades. E aínda máis,  tíñalle medo. Empezaron a loitar na rúa con espadas, pero Gauguin era un experto en esgrima e, quizá sin querer, pasou o filo demasiado cerca e terminou cercenándo a orella do seu complicado amigo. Van Gogh foise para casa, e ao día seguinte, envolveu  nun pañuelo a orella para enviársea a Rachel, unha das prostitutas que solía frecuentar Gauguin. Declarou que era un acto de despeito, e que levado pola loucura el mesmo cortou a orella coa súa propia navalla. Non desexaba que culparan a Gauguin, no desexaba por nada do mundo que o seu querido amigo fora xulgado e  aínda menos condenado. Pero tal vez, foi así como comezou a  súa propia condena, porque tras aquel incidente Paul Gauguin desapareceu para sempre da súa vida, e deixándose vencer pola loucura e a desesperación suicidouse poco tempo despois cun tiro no  peito, despidiéndose do seu irmán Theo cunha frase:  A miseria no remata endexamais. "  Daniel B. D. (6ºA)   Ver máis Cadros Vivos

26.5.20

Dolores "Anís la Cordobesa" - Julio Romero de Torres - Inés R. P. (4ºB)

"Son cantante de coplas e actuando nun teatro o meu representante presentoume a un pintor: Julio Romero de Torres . Julio dime que son moi guapa, así, morena, con ollos oscuros, e non coma esas paliduchas da Belle Epoque. Estamos no 1925 e estou a posar para él. Este cuadro no que estou metida, chámase: Anís la Cordobesa. Julio, ¿Rematamos xa por hoxe? Teño que actuar, antes de que o meu mozo faga que deixe este mundo do teatro."    Inés  R. P. (4ºB) - Ver máis Cadros Vivos


24.5.20

"Adeline Ravoux" - Van Gogh

"O que máis me gusta de Van Gogh e que as súas obras son moi claras e fáciles de entender. Van Gogh e o meu pintor favorito e de feito ate no meu tablet escollín a funda do cadro “Noite Estrelada”. O seu nome completo é Vicent Willem van Gogh, naceu en Zundert (Paises Baixos) o 30 de marzo de 1853 e falleceu en Oise (Francia) o 29 de xullo de 1890. Era o maior de seis irmáns (Vicent,Teo, Cor, Elisabeth, Wil e Anna). Seu irmán menor Teo, que era merchante de arte en París, prestoulle apoio financiero de forma desinteresada. Foi un dos principais expoñentes do postimpresionismo e pintou máis de 900 Cadros e máis de 1600 debuxos. Entre os seus cuadros máis famosos están “a noite estrelada” e “os xirasoles”. A Van Gogh faltáballe unha ourella que perdeu dun disparo" . Aloia B. G. (5ºA)

"Vendedora de ovos" - H. Bloemaert


23.5.20

"Neno cun cesto de froitas" -Caravaggio - Martín A. A. (4ºC)

"Neno cun cesto de froitas". Caravaggio 1593.  "Ola, son o Neno cun cesto de froitas. Fun pintado por Caravaggio en óleo sobre lenzo no ano 1593, e pódesme ver na Galería Borghese de Roma. Caravaggio pintoume sostendo un cesto de froitas no medio dun panorama tenebrista e desolado. No meu tempo fun alabado pola miña viveza e máis tarde serei precursor de outros xenios universais coma Francisco de Zurbarán. Caravaggio introduciu por primeira vez nun cadro seu, o raio de luz diagonal, que posteriormente sería habitual na súa obra. Martín A. A. (4ºC)

"Muller lendo" - Vladimir Vologov - Sara F. S. (6ºA)

Fraseoloxia visual 3

Os 3 músicos irmáns Penide Martínez

21.5.20

"Retrato do Dr. Gachet" . V. van Gogh - Roi J.C. (6ºC)

"A xoven da perla". J. Vermmer - Ana P. G. (5ºB)

"O cadro  chámase a xoven da perla. A xoven da perla, tamén coñecida como  "A Muchacha con turbante", é a Mona Lisa holandesa. É unha das obras maestras do pintor neerlandés Johannes Vermeer, realizada entre 1665 e 1667. Como o nome indica, utiliza unha perla como elemento principal do cadro. O cadro atópase actualmente no museo "Mauritshuis da Haya". Así mesmo, a técnica empregada nesta pintura é o óleo sobre tela, e o seu estilo é barroco." Ana P. G. (5ºB)  - Ver máis Cadros Vivos

"Bailarina" Konstantín Rázumog - Sara L. D. (5ºA)

19.5.20

"Cristo abrazado á cruz" - O Greco - Carlos D. H. (5ºA)

"Moza cun libro" - Alexander Deineka - Laura B. V (5ºC)

"Vemos a una fermosa moza lendo un libro preto da fiestra, na que un xarrón con flores vermellas axuda a transmitir tranquilidade e serenidade. A mesa está cuberta por un sinxelo mantel branco sobre o que solo vemos unha cunca de café. Canto interés amosa a moza na lectura diante dunha cunca que xa parece non estar nos séus pensamentos. Estar xunto á fiestra permítelle aproveitar a luz natural que entra por ela. Este fermoso cadro esperta en min interés pola pintura e pola lectura serena e relaxante." Laura B. V.  - Ver máis Cadros Vivos

A Mona Lisa - L. Da Vinci - Alma C. V. (3ºA)

15.5.20

Home con turbante - J. V. Eyck - Alejandro N. A. (5ºC)




Ver máis Cadros Vivos

"Rapaz con can" - B. E. Murillo - Xián R. N. (4ºA)

"Son Bartolomé Esteban Murillo, pintor sevillano español , nacín no 1617 e morrín no 1682. Este cadro chámase “Rapaz cun can”, escóntrase no museo del Hermitege, San Petesburgo (Rusia). O cadro representa a un neno pobre, pícaro e alegre xogando co seu can." Xián R. N.   - Ver máis Cadros Vivos

13.5.20

"A sesta" - Van Gogh - Iago I. G. (5ºA)

"Ola, son un labrego e aquí me vedes botando a sesta coa muller despois de moito traballo. Como non tiñamos cabalo, collín un can para reemplazalo. Pintoume Van Gogh no ano 1.890, mentres estaba internado nun centro para discapacitados mentais en Francia. Inspirouse nun debuxo de Millet, e utilizou cores basadas en contrastes con pinturas de óleo sobre lienzo. Actualmente estou no Musée d’ Orsay, en París". Iago I. G.  (5ºA)

"O guitarrista cego" P. Picasso - Noel R. R (4ºA)


Proxecto Educativo sobre Carvalho Calero


As pitas

11.5.20

"A derradeira lección do mestre" - A. R. Castelao - Laura M. O. (6ºB)

 "Eu son un alumno do mestre Alexandre Bóveda. Esta obra foi pintada por Castelao en Bos Aires no ano 1945, coma unha homenaxe ao seu amigo intelectual, maestro ourensá, fusilado en Pontevedra polas súas ideas políEcas en 1936 a mans do franquismo. Esta obra lémbranos a depresión e emigración dos nosos antepasados".  Laura M. O. (6ºB)   .- Ver máis Cadros Vivos

"Homenaxe ós Sanitarios" - Bansky - Ana L.

9.5.20

Dalí e o seu gato - Alexander P. C. (5ºA)

A excentricidade de Salvador Dalí tamén aparece reflectida nas súas mascotas. Era un amante dos gatos, pero elixiu como compañeiro peludo un ocelote que adquiriu en Colombia na década dos 60. Chamábase Babou e Salvador Dalí levábao cunha cadea de ouro alá onde ía: aos restaurantes, viaxou con el no cruceiro SS France, e compartían suite no Hotel Palace. Aínda se lembra o día en que o seu ocelote escapouse pola xanela provocando o pánico dos hóspedes. Tampouco esquecen a Babou no Hotel Lle Meurice e as desfeitas nas alfombras persas e as cortinas. Ver máis Cadros Vivos

Mañá

A alarma resoa na boca do artista,
dun mundo que torna a unha forma distinta
agorafobia, fobia social, medo a sentir, até a respirar 
Un vello amigo, un grito de pánico,
que frea xusto no bordo do abismo.
Escoitas a voz? Escoitas o aviso?
Contempla o espertar do xigante durmido.

Basta, detente, escóitalo agora?
A Terra colapsa, os mares desbordan
Os nenos non corren, pecharon a escola
A incerteza asoma e afoga.

As rúas baleiras, desinformación,
as trolas circulan pero os coches non
Humanos fechados igual que nun zoo
Na ría golfiños  e ata tiburóns.

Unha realidade que tardaba en chegar
agora é o momento de parar e pensar

Quero volver atrás
Quero espertar
O mundo berra
Xa non o escoitas? (x2)
As horas pasan
Vou afogar
Pero vexo o final se nos vemos mañá
Máis máis cerca
Somos libres xa

A liberdade marchou de penalti
Como o alcol do meu vaso
Volveremos brillar
Calma, origami
Hai que ir paso a paso
iremos ós bares, ás prazas, ás praias, daremos bicos e abrazos
Tan só confía que desta sairemos un pouquiño menos malos.

Un ruído que asoma a un novo balcón,
o son dos aplausos da revolución
paciencia, esperanza, camiña, avanza
Escoita o concerto do teu corazón.

Isto é un novo espertar un reset desta sociedade
non ter medo de abrazar e ter outra oportunidade,
volveremos con forza a vivir, a respirar.
Volveremos a ser, a sentir e a abrazar.

Quero volver atrás
Quero espertar
O mundo berra
Xa non o escoitas? (x2)
As horas pasan
Vou afogar
Pero vexo o final se nos vemos mañá
Máis máis cerca
Somos libres xa

8.5.20

"Retrato de Tommaso de Folco portinari " - Pablo G. O. (3ºA)

"Jacqueline con flores”.- P. Picasso - Adriana I. I. (6ºA)


Falamos de novo dun artista español e que foi un dos artistas máis grandes, Pablo Ruiz Picasso. Este pintor malagueño tivo unha vida moi prolifera xa que realizou máis de 2.000 obras.Nesta ocasión comentaremos o seu cadro “Jacqueline con flores”. Picasso retrataba moitas mulleres, sin embargo, Jacqueline Roque, parella do artista nos últimos decenios da súa vida e de la que pintou al menos 60 retratos, foi unha das súas musas máis retratadas, principalmente entre 1954 y 1973. “Jacqueline con flores” é un lienzo realizado en 1954 no que vemos á parella do artista de perfil, apoyada no balcón, cos brazos cruzados e aguardando a ver que lle trae el horizonte. Tras ela, 8 preciosas rosas brancas que fan que os nosos ollos se fijen en elas robándolle algo de protagonismo á modelo. Ver máis Cadros Vivos

"Composición II en vermello, azul e amarelo" - Piet Mondrián - Pablo B. F. (4ºC)

"Retrato dun neno " Ana Diez

7.5.20

Calendario Letras Galegas

Actividades sobre Carvalho Calero no Seminario Galán

   - Documentos    -  Actividades  - Albúm de fotos  - Todo (Portada)

A Minha Embala - Maria Silêncio (letra em legendas de Ricardo Carvalho-C...

Telexornal Carvalho Calero

Xogo de búsqueda sobre Ricardo Carvalho Calero

No xogo cando vas atopando pistas apuntas os números que van a descifrar un código. 

Poema cantado "Teño unha dor" de Carballo Calero, por Carmén Penín

Xogo didáctico sobre Carvalho Calero

Xogo didáctico para saber catro cousas sobre o homenaxeado no día das Letras Galegas

Máis sobre Carvalho Calero

PREGUNTOIRO MUSICAL -RICARDO CARBALLO CALERO- LETRAS GALEGAS 2020

Refraneiro de maio

- A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano .
-A auga de maio inda carga o carro. 
-A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón.
-A landra que non se ve en maio, non se ve en todo o ano. 
-A langosta e o cazón, en maio están en sazón.
-A ovella do probe no maio morre.
-A ovella e a abella no maio deixan a pelexa.
-A porca de maio vale máis no principio que no cabo .
-A sardiña no maio que a parta un raio.
-A sardiña polo abril, cóllea polo rabo e déixaa ir; por maio ásaa no borrallo, e por San Xoán xa molla o pan .....
-Calor de maio, diñeiro do ano.
-Cando maio é mediado, o inverno é pasado.
-Detrás de maio vén San Xoán.
-Días de maio, tan longo sodes que morro de fame e morro de amores
-En maio aínda a vella queima o tallo .
-En maio aínda a vella queima o tallo e senón malo.
-En maio aínda a vella queima o tallo, e unha miguiña que lle quedou, para san Xoán a deixou.
-En maio aínda a vella quenta o sallo.
-En maio aínda bebe o boi no prado.
-En maio, augas catro, e esas que cheguen ó barro .
-En maio bebe o boi detrás do arado, e se non bebe malo.
-En maio calquera besta é cabalo .
-En maio, de meu me caio.
-En maio, de meu me caio, ou con fame ou con traballo.
-En maio, de meu me caio, xa coa maiola, xa co traballo .
-En maio, de meu me caio, xa co sono, xa co traballo.
-En maio, de sono me caio .
-En maio inda a vella queima o pé ó tallo .
-En maio, inda a vella queima o tallo .
-En maio inda a vella quenta o saio .
-En maio, inda queima o tallo, e unha miguiña que lle quedou, para San Xoán a deixou .
-En maio, inda bebe o boi no prado .
-En maio, millo sementado, cal enxoito, cal mollado .
-En maio, nin xantar á mesa sin viño nin pote ó lume sin touciño.
-En maio, non quites o saio.
-En maio, o barrufeiro faise cabalo .
-En maio, o garabanzal, nin nado nin por sementar .
-En maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo ben empolado.
-En maio o porco vai ó tallo.
-En maio, que chova hastra entullarse o carro .
-En maio quince días os bois ó prado, antes no principio que no cabo.
-En maio sai o pulpo do zamaio .
-En maio, sulfato .
-En maio, todo espigado.
-En maio xa leva as cereixas o gaio .
-En maio, xa saio 
-Entre Maio e xuño, cereixiña no puño.
-En maio, o raposo sae ó gaio.
-En maio déitate candoa o galo.
-En maio colle os bois e máis o arado.
-Lodos en maio, espigas en agosto.
-Maio deixa ver o que se ha de coller.
-Maio pardo, san Xoán claro.
-Quen en maio no-O gaio e o esturión por maio teñen sazón.n merenda, ou aos males ou aos mortos se encomenda.
-Sardiñas de maio, sardiñas do diaño.