1º Nivel |
2º Nivel |
3º Nivel |
Parte da atrás |
GOLFIÑO (NIVEL 1). Esfórzase . “Falo galego de cando en vez cos meus compañeiros/as” .
Con este carné poderás :
- Participar nun sorteo con 2 números nos agasallos ó final de curso.
- Como vas a mellorar a oralidade en galego subirás a nota nas materias que se dan en galego.
- Terás preferencia despois dos “Esquíos” e dos “Vagalumes” na selección de actividades organizadas polo EDNL
- Obrigas: Esforzarse en falar en galego, tanto cos mestres/as que cos compañeiros/as, nas materias programadas nesta lingua (Galego, Música, Educación Física, Sociais e Naturais ... ).
ESQUÍO (NIVEL 2). Adáptase . “Falo galego cando outros/as o falan” .
Con este carné poderás :
- Participar nun sorteo con 5 números nos agasallos ó final de curso.
- Como vas a mellorar a oralidade en galego subirás a nota nas materias que se dan en galego.
- Terás preferencia despois dos “Vagalumes” na selección de actividades organizadas polo EDNL
- Obrigas: Falar galego nas materias programadas en galego con todos/as e falar galego noutros espazos (patios do recreo, biblioteca, etc.) cando outros me falen en galego.
VAGALUME (NIVEL 3). Axuda. “Falo galego case sempre nas actividades escolares” .
Con este carné :
Terás premio seguro no sorteo de agasallos ó final de curso
Como vas a mellorar a oralidade en galego subirás a nota nas materias que se dan en galego.
Terás preferencia na selección de actividades organizadas polo EDNL
Obrigas: Falar sempre en galego durante todas as actividades programadas nesta lingua, para axudar ós que aínda lles custa facelo,
NOTAS:
- A actividade é voluntaria . Comeza xa no inicio deste segundo trimestre (8/01/2019)
- A actividade é voluntaria . Comeza xa no inicio deste segundo trimestre (8/01/2019)
- Cada carné será validado despois de 30 días de compromiso e entregaranse ó final de cada mes . Se algúen aínda non se esforzou o suficiente para a cadar o nivel esixido prorrogarase a entrega unha ou varias semanas segundo o caso.
- Serán correlativos : para ter o de “Vagalume” primeiro hai que acadar os dous anteriores.
- Serán correlativos : para ter o de “Vagalume” primeiro hai que acadar os dous anteriores.
- A entrega do carné farase despois de falar cos mestres colaboradores da actividade e sempre de forma consensuada: música, educación física, titores.
- Os carnés están numerados para levar un control dos mesmos por parte do Coordinador do EDNL
Ver máis na Etiqueta GALEFAS (mascotas, entrega de premios ...)
Ver máis na Etiqueta GALEFAS (mascotas, entrega de premios ...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario