22.11.17

RUBICUNDO Teatro dos Ghazafelhos

 Unha das obras de teatro que vimos este ano foi Rubicundo. Deixamos aquí un pequeno resumo: Todas as noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pechada. Semella que ninguén repara neste personaxe, enfundado nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea, disposta a chegar ata o final daquel misterio… pois así é esta rapaza, curiosa e soñadora.  Ver fotos deste saída

18.11.17

A moura do río Gafos

Sacada da páxina de Galicia Encantada

"O pego do río dos Gafos coñecido por poza da Moura, ao pé das Brañas de Salcedo, onda o Mar da Presa, encalco do muíño de Cabanas, está vencellado á lenda dunha moura, encanto de loiros cabelos, xenuíno ser mítico do patrimonio inmaterial da galeguidade:
Contan os nosos maiores que hai moito, moito tempo, un labrego da contorna, alindaba o seu gando nas Brañas, á beira do río dos Gafos. Coma ensoñación, do goio xurdiu unha fermosa muller en cuxos cabelos aniñaba o refolguexo do sol. A engaioladora dama adiantoulle que unha das súas vacas ficara preñada había pouco e que ía parir dúas fermosas crías, un xato e mais unha xovenca. En troco polo bo agoiro, a moura pedíulle ao gandeiro que lle chimpase a becerra na poza cando a vaca librase.
Pasaron os meses, pariu con ben o animal e, consonte o vaticinado pola xacia, trouxo unha repoluda parella de vitelos. Lembrou, daquela, o noso home, o trabuco avindo. Botou contas e reparou que, na feira, pagaríanlle mellor a becerra, polo que no canto de botar na poza a femia, botou o macho. Nun pestanexo, as augas calmas argallaron un remuíño e do ollo da ola aboiou unha grade de pau. Sentada nunha pena do río, fíxose visíbel a moura, recriminoulle ao labrego o seu aquel migalleiro e, antes de se sumir no piago, díxolle que de cumprir co trato, teríao agasallado cunha grade de ouro.

Bole na aldea unha outra versión, que, segundo o escoitado, é a que se lles adoita contar aos cativos:
Os vellos advirten os nenos do perigo agochado na poza da Moura, posto que, hai anos, un home que pasaba polo lugar guiando unha xugada, por causas aínda non ben esclarecidas, caeu ao río e xamais nunca se volveu saber del. Sospéitase que andaba en tratos coa moura da poza e quizais por non gardar fidelidade á palabra dada, o encanto cativou o campesiño, a parella e mais o carro, ad vitam aeternam, na insondábel fondura."

Viaxes pola Ciencia - Ciencia en Galego - VIII Día da Ciencia (4 novenbro)

A ONU declarou o ano 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sostible ,  IGACIENCIA traducíuno en -Viaxes pola Ciencia-  na que nos convida a participar:

-Celebrando a Viaxe do Beagle, a viaxe científica de C. Darwin que cambiou a maneira de pensar sobre a orixe das especies, a evolución e o papel da xenética neste proceso. A Bioloxía fíxose intelixible e adquiriu unha historia de miles de millóns de anos de evolución, marcada tamén pola evolución xeolóxica.

-Celebrando as Viaxes de Domingo Fontán para elaborar con métodos modernos, matemáticos e exactos o primeiro mapa actual de Galicia. É un dos referentes dos científicos galegos, e coa súa Carta Xeométrica coida e mima co seu saber a nosa terra como poucos. 
-Realizando actividades de Ciencia no Camiño de Santiago, unha viaxe sostible onde as haxa.
-Actividades coa tecnoloxía viaxeira, como o GPS, SIX... Saídas ao campo. Que tal un debuxo xigante, como os de Nazca, dun labirinto galego de Mogor, ou un misterioso triskel nas leiras de millo ou prados, de apariencia extraterrestre?
-Proxectando o Ano Internacional a outras ciencias: en Xeografía os mapas- que nunca poden faltar nas viaxes-, en matemáticas as proxeccións, en Tecnoloxía GPS e App inventor... Queremos facer convosco unha base de datos latitude/lonxitude dos lugares da nosa cultura, románico, igrexas, fervenzas, vexetación e flora, da fauna e pesca que coñezades.E non só iso senón as festas, música, todo aquilo que queirades xeoreferenciar na vosa zona: o voso queixo ou o voso pan...

Recursos para traballar -    VIII Día da Ciencia   -  Relacionado: En vídeos Baltasar Merino

Artigos relacionados: As causas das cousasCuriosidades e actividades, Xogamos con Darwin,    Selección de actividades (algunhas para primaria) .  Todo isto e máis Etiqueta  "Día da Ciencia" deste blogue.

Actividades de Normalización Lingüística nos Centros de Ensino ofertadas polo Concello

 Ver Actividades

Ver tamén Planificación dos Obradoiros

Videoclip MBCP - Contra a Violencia de Xénero

As causas das cousas

Saber significa coñecer as causas das cousas e o método máis seguro de coñecemento é o científico porque permite a comprobación dos resultados. En Galicia houbo homes de ciencia que, ademais, estiveron moi comprometidos co desenvolvemento do país. Entre eles destacan Domingo Fontán, que fixo o primeiro mapa científico de Galicia para mellorar as comunicacións terrestres, e Cruz Gallástegui, que creou unha variedade nova de millo híbrido para mellorar o rendemento das colleitas. Tamén houbo científicos que miraron máis ás estrelas que ao chan: é o caso do astrónomo Ramón María Aller, que descubriu varias parellas de estrelas dobres.  Ver vídeo.

Curiosidades e actividades


Ver Unidade Didáctica (ESO e Bacharelato)


 Información sacada da Unidade Didáctica Barrie

17.11.17

O Día da Ciencia na Galiza na Fundación Barrié

A Real Academia Galega de Ciencias celebra desde 2008 o Día da Ciencia en Galicia, co obxectivo de divulgar a investigación e a ciencia entre a sociedade en xeral e entre a comunidade educativa en particular.

O Día da Ciencia en Galicia celébrase o 8 de outubro, data que conmemora o nacemento do Padre Benito Jerónimo Feijóo Montenegro, promotor indiscutible da Ciencia no seu primeiro momento.

Os científicos homenaxeados ata o momento son Enrique Vidal Abascal, Isidro Parga Pondal, Cruz Gallastegui Unamuno, Ramón
Mª  Aller Ulloa, Antonio Casares Rodríguez, Fray Jerónimo Benito Feijoo Montenegro, Luis Iglesias Iglesias, Ignacio Ribas e Ángeles Alvariño González.

A Fundación Barrié colabora neste importante proxecto coa elaboración e difusión de materiais didácticos sobre a vida e a obra dos homenaxeados.

Este ano o homenaxeado é Baltasar Merino.

Baltasar Merino Román foi un xesuíta e botánico do século XIX
que realizou unha das obras sobre flora galega pioneiras. O seu traballo de recolección abrangue moitos concellos de Galicia e quedou reflictido nas súas publicacións. Ademais, isto foi compaxinado co seu labor docente no Colexio da Guarda onde impartiu clases de Física e Química, Historia Natural ou Agricultura durante varias décadas.

Cartas ó Apalpador

Todas as cartas que recibamos do 1 de outubro até o 31 de decembro entrarán no Premio de Cartas ao Apalpador 2017. Só tendes que enviar a vosa carta ao enderezo de abaixo.

Valoraremos as máis creativas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos.

Tamén é importante pór a idade, pois clasificarémolas por tramos aproximados. O premio está aberto a todo o mundo que lle escriba ao Apalpador. Tamén poderán participar grupos cunha carta común; pensamos en aulas, asociacións, clubes, equipos deportivos, familias, ou mesmo unha panda de colegas.

Participarán todas as cartas que estean no noso poder o 31 de decembro, tanto para as que cheguen por correo como as escritas na web. O resultado coñecerase a través deste sitio web: www.apalpador.com antes da volta das vacacións de Nadal aos colexios. Ollo, non mandedes cartas ao apartado dos outros anos!

Escribe a túa carta!

O Apalpador
Antonio Santiago (Nito) n.º 1 – 3.º C
15002 A Coruña

Ciencia en Galego - Charles Darwin

Ver todas en PDF

A Electricidade - Curiosidades


Sendeiro do Gafos