21.12.19

Lámpada de lava caseira

Para realizar o  experimento necesitamos auga, aceite,  colorante, un vaso longo e unhas pastillas  efervescentes. No vaso poñemos auga e aceite na proporción 1:3 (aproximadamente). Logo engadimos o  colorante (por exemplo unhas pingas de tinta). Por último, deixamos caer un par de pastillas  efervescentes. Inmediatamente prodúcese un desprendemento de gases e unhas burbullas que ascenden e descenden no interior do aceite.
Explicación
A pastilla  efervescente disólvese en auga desprendendo dióxido de carbono.
As burbullas do gas ascenden arrastrando auga á superficie do aceite. Alí despréndese o gas e a auga, máis densa que o aceite, descende. O proceso repítese e prodúcese un movemento ascendente e descendente no interior o aceite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario