21.11.19

INFLAR UN GLOBO CON LEVADURA E AZUCRE

Para facer o experimento necesitamos un recipiente con auga quente, unha botella, un vaso, un embude, un globo, fermento  prensada e azucre.
Procedemento:
1 Disolvemos un par de culleradas de fermento no medio vaso con auga quente.
2 Engadimos á mestura un par de culleradas de azucre e removemos un pouco.
3 Transferimos a mestura resultante a unha botella de cristal pequena.
4 Poñemos un globo na boca da botella.
5 Metemos a botella nun recipiente con auga quente. Nun par de minutos o globo ínflase.
Explicación 
Os fermentos son microorganismos  unicelulares que utilizan o azucre como alimento liberando no proceso dióxido de carbono. Co gas liberado aumenta a presión no interior da botella e o globo ínflase. Ao principio, cando o osíxeno está presente no interior da botella, os fermentos crecen por respiración consumindo osíxeno e producindo dióxido de carbono. Pero cando o osíxeno se termína os fermentos cambian a un metabolismo  anaeróbico (sen osíxeno) e prodúcese a degradación do azucre mediante fermentación que produce cantidades maiores de alcol e de dióxido de carbono  gaseoso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario