20.12.19

Atrapados no arroz

PRECISAMOS: un frasco de cristal, unha culler de madeira e arroz limpo e seco.
PROCESO: 1º Enchemos o frasco de arroz . 2º Metemos a culler de madeira aos poucos. 3º Tiramos da parte superior da culler e vemos como pode saír sen dificultade (Primeiro Caso) 4º Repetimos o experimento pero en lugar de meter a culler aos poucos metémola con forza. Tirando agora da parte superior da culler vemos que quedou atrapada no tarro con arroz (Segundo caso) 
EXPLICACIÓN: No primeiro caso os grans de arroz non están moi compactados e a culler de madeira pode entrar e saír facilmente. No segundo caso, ao meter a culler de madeira con forza, aumenta a compactación dos grans de arroz. Neste caso a fricción é maior e as forzas de rozamento dificultan o movemento da culler de madeira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario