1.3.21

Refraneiro de marzo

 - Auga de marzo, herbanzo.
- A viña de bon amo, pódase en marzo; a viña do ruín, pódase en abril.
- Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo.
- Cando marzo maiea, maio marcea.
- Cando en marzo chove e en abril xía, queda maio feito unha criba.
- Chuvia en marzo, nin o mexo dun rato.
- Cobras en marzo, neve en abril.
- En marzo espingarzo.
- Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil.
- Entre marzo e abril o cuco ha de saír; se ós tres meses non volveu, é porque morreu.
- Marzo, marzán,pola mañán cara de rosa, pola tarde cara de can.
- Marzo chuvioso, verán caluroso.
- Marzo ventoso e abril caluroso,traen a maio frorido e fermoso.
- Marzo, marzolo, trebón e raiolo.
- Marzo marzal, déixame o viño trasegar.
- Marzo ben feito, patacas a eito.
- Marzo amola e abril esfola.
- Marzo é enganador, un día malo e outro peor.
- Marzo, nen rabo de gato mollado.
- Marzo, marzán, a mañá cara de rosa, a tarde cara de can
- Marzo pardo, abril chuvioso e maio ventoso fan o ano formoso.
- Nas tarde de marzo  recolle o teu gando.
- Marzo chegar, tempo de enxertar.
- Nas tardes de marzo recolle o teu gando.
- No marzo, abrigo, noces e pantrigo.
- Nin marzo con flores, nin moza sen amores.
- No marzo aínda hai lama no pazo.
- O que en marzo non poda a súa viña, perde a vendima.
- O sol de marzo queima as donas no seu pazo.
- O vinte e cinco de marzo, entra a merenda e máis o descanso.
- Pan para maio e leña para abril, e  o mellor cepón para marzo compón.
- Polo San Pedro de Cuadrela, sae a cóbrega de debaixo da terra.
- Quen en marzo non fende, en abril non estende.
- Quen teña forza no brazo, cave e pode en marzo
- San Raimundo trae a anduriña do outro mundo.
- Se por marzo canta a rá, por maio xa calará.
- Se por San Xosé a bubela non vén, catala morta ou algo ten.
- Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ó cuco lle pasou.
- Se en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela e a ruliña non rulea, má colleita se espera.

NOTA: Se sabedes dalgún podedes dárllelo a alguén do cole ou mandalo por correo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario