Poderán optar aos premios os nenos e nenas galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. Como un máis dos actos que a EGAP organizará para honrar as letras galegas, e especialmente este ano a Ricardo Carballo [Carvalho] Calero, a EGAP convoca, un ano máis, o premio de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma. Prazo: 22/01/2020 - 21/02/2020
Ver extracto resumo do concurso - Artigo relacionado (outro concurso): A Academia e Punto.Gal buscan os mellores microrrelatos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario