Para facer o experimento necesitamos auga, colorante, un frasco de cristal pequeno con tapadeira e un frasco de cristal grande. En primeiro lugar facemos un buraco no centro da tapadeira do frasco pequeno. Logo enchemos o frasco con auga quente e engadimos o colorante (por exemplo un pouco de tinta vermella). Por último, enchemos o frasco de cristal grande con auga fría e metemos o frasco pequeno. Nuns segundos vemos que a auga coloreada sae do frasco pequeno e sobe á superficie.Explicación
A convección é unha forma de transferencia de calor propia dos fluídos. No noso caso, a auga quente do frasco pequeno é menos densa que a auga do frasco grande que se atopa a menor temperatura. Por este motivo, a auga coloreada menos densa sobe á superficie desprazando a auga que se atopa na superficie
Ningún comentario:
Publicar un comentario