18.1.20

Os de 5º no "Cross escolar Campo a Través 2020" na Illa das Esculturas

Noelia (5ºB)
Alicia 5ºB

Percorridos
5º Primaria Feminino

Saída dos de 5º Feminino
Saída dos 5º  Masculino
Alumnado de 5º de Campolongo
A  Illa dás Esculturas acolleu este venres 17 de xaneiro  unha nova edición do cros escolar Campo a través, no que participaron, por fin con bo tempo, numerosos centros escolares da cidade pontevedresa.  A competición, que se se iniciou ás 10.30 horas e finalizou pasadas as 12.30 horas da mañá, reuniu en na Illa das Esculturas de Pontevedra a alumnos e alumnas do CEIP Xunqueira I, Xunqueira II, CPR Sagrado Corazón , CEIP Parada Campañó, CEIP Santo André de Xeve, CEIP Manuel Vidal Portela, CEP Marcón,  CEIP  Froebel e por suposto o noso, oCEP Campolongo. O percorrido, ameno e apto para todos os novos atletas, transcorreu pola contorna da  Illa dás Esculturas, un terreo propicio para a práctica do atletismo ao aire libre e no que se adestran normalmente atletas da talla de Javier Gómez Noya  e outros moit@s que temos nesta cidade chea de grandes deportistas.  Destacamos en xeral a boa organización, e en particular  o entusiasmo e a  boa participación de tod@s @s da nosa escola,  onde  se clasificaron para a Fase Provincial (sábado 1 de febreiro no parque de Castrelos en Vigo), Alicia P.M e Noelia Q.S.  de 5ºB, que  acadaron o 8º e 9º posto,  e en chicos David F. F.  (5ºB)  que chegou de  10º .  -  Ver clasificicación das chicas de  5º  -  Ver clasificación de 5º Masculino  - Ver resultados de  toda a competición.   Ver máis fotos   - Ver máis fotos na páxina web do cole. -  Ver normativa Provincial Castrelos para os clasificados

Ningún comentario:

Publicar un comentario