19.11.19

Airbag caseiro

Para facer o  experimento necesitamos unha bolsa de plástico pequena, outra bolsa máis grande con peche  hermético, bicarbonato, vinagre e un martelo.
1- Enchemos a bolsa pequena con vinagre
2- Pechamos a bolsa cun nó
3-Poñemos bicarbonato na outra bolsa.
4 Metemos a bolsa pequena dentro da bolsa grande, procurando que queda rodeada de bicarbonato.
5-E por último, pechamos a bolsa grande e xa temos o noso airbag caseiro.
Se golpeamos cun martelo sobre a bolsa pequena prodúcese unha reacción química con desprendemento de gases que enche a bolsa grande.
Explicación
Ao romper a bolsa pequena entran en contacto o vinagre e o bicarbonato e prodúcese unha reacción química con desprendemento de dióxido de carbono. Dependendo da cantidade de vinagre e de bicarbonato a bolsa tardará máis ou menos en encherse.
Se se desprende moito gas a presión pode chegar a romper a bolsa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario