A Virxe do Portovello
ten unha barca aos seus pés BIS
E has pasar pola barquiña BIS
se vas a Vilar das Tres BIS
Retrouso
(Polo río abaixo vai meu amor,
polo río abaixo vai o meu ben,
polo río abaixo vai a barquiña
pola beiriña da vía do tren) BIS
(A Virxe do Portovello,
cariña de carabel,) BIS
(lévanlle as pombas no pico, BIS
ramalliñas de laurel) BIS
RETROUSO
(En Peliquín fun solteiro
e na Lonia namorei) BIS
(Pasei polo Portovello BIS
e fun casar a Gustei) BID
RETROUSO
Ningún comentario:
Publicar un comentario