10.6.19

Cantigas Galegas "Se Chove"


Eí vén o vento do mar'e
eí vén o vento mareiro
eí vén o meu queridiño
vestido de mariñeiro.

Se chove, deixa chover'e,
se orballa deixa orballar'e
por máis que chova e vente
de ti non me hei de apartar'e

Pasei pola ponte abaixo
vin saltar unha sardiña
mariñeiros ide ao mar'e
e botádelle a traíña

.Se chove, deixa chover'e...

Indo polo mar abaixo
perdín a miña navalla,
rema mariñeiro rema
que alá no mar me quedaba.

Se chove, deixa chover'e...

O que navega de noite
ha tropezar nos penedos,
eu que ando polo día
tropezo nos teus enredos

...deixa chover'e, se orballa
deixa orballar'e, por mais que 
chova e que vente,
de ti non me hei de apartar'e

Ningún comentario:

Publicar un comentario