O vivir en Lérez que bonito é
andar de parranda
e durmir de pé ( x 3 )
o vivir en Lérez que bonito é.
Bebín un viño albariño
por ver se me consolaba (2 BIS)
(e o viño como era novo
e o viño ...
e o viño como era novo
ó ilo beber choraba) (BIS)
Retrouso
(Teño unha vaca marela
e un galo cantareiro) (2 BIS)
(e unha galiña con pitos,
e unha ga ...
e un galiña con pitos
e un bo viño do Ribeiro) (BIS )
Retrouso
Unha meniña choraba
arrimadiña a un palleiro (2 BIS)
(tiña a gaitiña na man-e
tiña a gai ...
tiña a gaitiña na man-e
tiña a gaitiña na man-e
e faltáballe o gaiteiro) (BIS )
Retrouso
O río cando vai cheo
leva carballos e follas (2 BIS)
(tamén podía levar-e
tamén po ...
tamén podía levar-e
as linguas marmuradoras) (BIS)
Retrouso
Ningún comentario:
Publicar un comentario