7.6.19

Cantigas galegas "Carmiña, Carmela"


O son da miña gaitiña
as nenas hei de levar-e.
e as tontiñas sonche elas
que se deixan engañar-e.

Has bailar comigo, Carmiña, Carmela,
con zapato baixo, / e media de seda
con media de seda,
e media calada
has bailar Carmiña, / miña namorada.

Os zapatos piden medias,
as medias piden zapatos,
e as rapaziñas  de agora
piden rapaciños guapos.

Has bailar comigo, Carmiña, Carmela,
con zapato baixo, / e media de seda
con media de seda,
e media calada
has bailar Carmiña, / miña namorada.

Hai che vai meu corazón
se o queres matar ben podes
pero como ti tamén vas dentro
tamén si ti o matas morres.

Has bailar comigo, Carmiña, Carmela,
con zapato baixo, / e media de seda
con media de seda,
e media calada
has bailar Carmiña, / miña namorada

Ningún comentario:

Publicar un comentario