24.6.19

Lévame, lévame ou (Na beira do mar)


(Aparta loureiro verde
deixa clarexa-la lúa (BIS)
(que estou no medio do mare
non vexo cousa ningunha.) (BIS)

(Lévame, lévame, lévame,
lévame á beira do mar,
lévame meu queridiño
que eu quero navegar) (BIS)

Na beira do mar
hai muito que ver
baila miña Maruxa si
baila na punta do pé 
na punta do pé
na palma da man,
baila miña Maruxa si
baila se queres bailar.

(Tráeme vento do mar-e
tráeme ventiño mareiro) (BIS)
(tráeme vento do mar-e
novas do meu mariñeiro (BIS)

Lévame ....
Na beira ...

(Miña lanchiña de vela
miña remolqueadora) (BIS)
(fixéchela cama fóra
onde vas durmir agora) (BIS)

Lévame ...
Na beira ....

No hay comentarios:

Publicar un comentario