3.6.19

Teño un amor en Rianxo


Teño un amor en Rianxo  e outro en Vilagarcía,
para ve-los meus amores, teño que cruza-la Ría,
teño que cruza-la Ría, teño que cruza-la Ría, (bis)
teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía.

Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar,
que o vento mareiro dá mellor navegar.
Se navegas pola ría de Rianxo verás
as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar.

Lévalle no teu peteiro, gaivotiña voa, voa,
lévalle no teu peteiro unha cartiña de amores
pró meu amor rianxeiro ( 3 veces)
gaivotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro.

Non lle temas, mariñeiro.....

Collín a dorna en Rianxo
Collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola Ría,
da terra de Castelao á de Cela e Rosalía,
á de Cela e Rosalía, á de Cela e Rosalía,
collín a dorna e Rianxo, fun a Padrón pola Ría.

Non lle temas, mariñeiro.....

Ningún comentario:

Publicar un comentario