UD |
As pilas e acumuladores son toda fonte de enerxía eléctrica xerada pola conversión directa de enerxía química. Poden consistir nunha ou máis celas primarias (pilas non recargables) ou nunha ou máis celas secundarias (pilas recargables ou acumuladores). As pilas e acumuladores portátiles proporcionan autonomía con respecto á rede eléctrica. Por iso son moi útiles nos nosos fogares e nos desprazamentos fóra da casa. Son moitos os dispositivos que se alimentan con estas pequenas fontes de enerxía: Mandos a distancia, calculadoras, reloxos, xoguetes, computadores, teléfonos móbiles, cámaras dixitais, lanternas e moitos máis.
A primeira pila da historia: En 1938 un equipo de arqueólogos descubriu en Iraq o que algúns cren que podería ser a primeira batería da historia coñecida ata a data. Foi datada fai uns 2.000 anos e tratábase dunha vasilla cerámica que contén no seu interior un cilindro de cobre encaixado nunha barra de ferro. Cando se procedeu a introducir no seu interior zume de limón ou vinagre, a modo de electrolito, viuse que se comportaba de forma similar á dunha pila eléctrica moderna.
COMPOSICIÓN QUÍMICA PILAS : Algúns dos tipos máis comúns son:
Botón: mercurio, litio, óxido de manganeso, óxido de prata, zinc-aire.
Pilas estándar: alcalinas ou de manganeso, zinc-carbono, litio
Recargables: níquel-cadmio, níquel-metal hidruro, litio, chumbo-acedo
• As pilas e baterías usadas son uns dos residuos máis contaminantes que xeramos.
• O consumo de pilas en España sitúase en máis de 500 millóns de unidades ao ano
Se non son xestionamos correctamente, os metais pesados que conteñen poden contaminar o solo e a auga, afectando gravemente aos ecosistemas e aos seres humanos.
Máis datos de interese:
• unha pila alcalina podería chegar a contaminar 175.000 litros, a auga que con- somen 6 persoas ao longo de toda a súa vida;
• unha pila de óxido de prata, 14.000 litros de auga;
• unha pila de zinc-aire, 12.000 litros de auga;
• e unha pila de zinc-carbono, 3.000 litros de auga.
Saber máis: Ver UD
Ningún comentario:
Publicar un comentario