Etiquetas
Páxinas de interés
28.12.20
"Nós" - Palabra do Ano 2020
27.12.20
No tren da Vía Láctea
Palabras do Ano 2020 da escola ( as que máis gustaron, as máis descoñecidas e as dos aniversarios)
Palabras que non se coñecían e palabras que gustaron |
Palabras dos aniversarios 2020 |
2ª- As palabras máis elixidas das que non coñecían do documento foron: Xermolo (4/01/2020): 14 veces - garatuxa: 10 - carballiza: 7 - mormeira: 4 - tándem : 4 - curota : 4 - bategada: 3 . Outras: calistro, alpabarda, xanzá, afelio, pándego, chorima, ervella, ávrego, dadaismo ...
3ª- Con respecto ós aniversarios do 2020 os que máis se repetiron foron:
DÚAS PERSOAS CO MESMO ANIVERSARIO: academia (19/09/2020), alpabarda, arrabalde, cenobio, novidade, feminizar, fontenla, laverca, migración , nota, pándego, patriarcal, orballeira, ovella, parabéns, rosquilla, tándem, trevo, trueiro, xuventude,
TRES PERSOAS CO MESMO ANIVERSARIO : brétema (31/03/2020), chacolí, murchar, trangalleiro, voluntario,
SEIS PERSOAS CO MESMO ANIVERSARIO: Coello (14 de xaneiro)
24.12.20
5.12.20
A canción "Paisaxe" do disco "Lingua guapa" - Fina Casalderrey e Nestor Blanco
Letra da canción |
4.12.20
Canción "Lingua Guapa" - De Nestor Blanco e Fina Casalderrey
A Palabra Galega do Ano 2020
Homenaxeando ás "Bravas do Mar"
![]() |
Entrega de premios |
Recomendacións de libros para o Nadal
2.12.20
Refraneiro de Nadal

- Bo ano, Nadal soleado
- Cada cousa no seu tempo, e os nabos no Advento.
- Cando o Nadal nada, sinal de boa anada.
- Castañas en Nadal, saben ben e prestan mal.
- Decembro mollado, xaneiro xeado.
- Día de Santa Lucía, enchente de auga ou de sardiña.
- Díxolle o neno a san Xoán , de ti a min menguarán, de min a ti medrarán.
- En decembro descansar e en Xaneiro traballar
- En decembro moita auga, en agosto lumes
- En Nadal todas as cousas andan mal.
- Entre Nadal e xaneiro inverno verdadeiro.
- Fías de Nadal, nin tecedeiras fan.
- Friaxe no Nadal, non fai mal.
- Nadal molladoe xaneiro ben xeado.
- Nadal novo, fonda ben o arado e Nadal escuro, sementa no duro.
- Nadal sen porco non veñan moitos.
- Nadal e xaneiro fan o inverno enteiro
- No mes de Nadal, a carón da lareira vaite sentar.
- O día de Santa Lucía mingua a noite e medra o día.
- O que queira ter bo allal pránteo no nadal.
- Os allos polo San Silvestre, nin nados nin na reste.
- Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas.
- Pola Concepción ningunha galiña pon.
- Pola Santa Lucía deita túa galiña
- Pola Santa Lucía mingua a noite e medra o dia.
- Pola Santa Lucía, some a noite e medra o día.
- Polo Nadal cada ovella ao seu curral.
- Por Santa Lucía a pata dunha Galiña.
- Por Santa Lucía ao salto dunha pulga medra o día.
- Por Santa Lucía, mingua a noite e medra o día.
- Por Santos e Nadal, o inverno caroal.
- San Silvestre, meigas fóra.
- Santa Lucía o máis pequeno dos días.
- Santo Tomé agarra o cocho polo pé.
- Se a noite de Nadal hai luar, lembra ben para sementar.
- Se o nadal nada, sinal de boa anada.
# A Concepción de María celébrase o 8 de decembro.
# ↑ Santa Viviana, 2 de decembro.
# ↑ San Tomé, 21 de decembro; San Matías celebrábase o 24 de febreiro, se ben actualmente trasladouse ó 14 de maio.
# ↑ Santa Lucía, 13 de decembro.
# ↑ San Nicolao, 6 de decembro.
# ↑ Santa Baia, 14 de decembro.
# ↑ Santa Eulalia é unha forma culta por santa Baia, de introdución recente por cadrar co castelán.
# ↑ San Silvestre, 31 de decembro.
1.12.20
Cal será a palabra do ano 2020?
Primeira fase: Recepción de propostas. Recolleremos as vosas suxestións dende o martes 1 de decembro ás 00:00 horas ata o domingo 13 de decembro de 2020 ás 23:59 horas.
Segunda fase: O luns 14 de decembro anunciaremos cales son as palabras finalistas. Poderedes votar pola vosa favorita ata as 23:59 horas do venres 25 de decembro.
Terceira fase: Tras recontarmos os votos, o luns 28 de decembro desvelaremos cal é a Palabra do Ano 2020.
Suxestións: Ver as palabras elixidas de todo ano agás decembro do "Portal das Palabras"
27.11.20
25.11.20
Multiplica igualdade e dividirás a violencia!
Os berros da motocicleta
Ver máis na páxina web de Pablo Prado.
Ver tamén algo do seu Humor gráfico
22.11.20
20.11.20
19.11.20
3.11.20
Refráns do mes de Santos ( Novembro)
- No Mes de Santos e Defuntos mata os teus porcos e vai facendo bon caldo cos untos.
- Santos, ou secas fontes ou levas pontes.
- No mes de mortos, non saches a horta nin capes os porcos.
- Por Santos, neve nos altos e frió nos campos.
- Se novembro empeza ben, nada hai que temer.
- De Santos á Navidá, é inverno de verdá.

-Por Santa Catalina (25 de novembro) neve na cociña.
Referidos a San Martiño (11 de novembro)
2.11.20
24 de outubro - Día das Bibliotecas Escolares
29.10.20
Cantos que contan "Mundo Louco" canción do disco "Lingua Guapa"

Fotos e Recursos para o Samaín
![]() |
4ºC |
Ver máis fotos
Recursos
Historia do Samaín abreviada En Vieiros Máis completa | Vídeo didáctico con música | |
Descargar o libro do Samaín (materiais para traballar na aula) | - Conto "Indo eu para Samaín" - O Sacauntos | U. Didáctica do Samaín cos Bolechas |
O Samáin coa familia Trebón (video de debuxos animados) Os defuntos falaban Castelao (curta) | Libro "Samaín: A Festa das Caliveras" | Música: "Brinca Vai no Samaín" Música -video "Danza Macabra |
Xogo | Deixa en Herdanza a túa lingua | PDF "Traballar as Emocións: O Medo" Materiais de varios Equipos de Coruña (contos, debuxos ...) Ver máis Recursos para O Samaín |
24.10.20
200 cantigas galegas
7.10.20
Pintar ten premio - Concurso Olla a Palabra do día!!
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié convocan,O Concurso Olla a Palabra do Día! está dirixido ao alumnado de .... , primaria ...
Establécense as seguintes categorías: ... Primaria 1. Alumnado de 1º, 2º e 3 de primaria. Primaria 2. Alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria ...
Cada traballo presentado ao concurso levará á linguaxe visual as palabras do día do Portal das Palabras (portaldaspalabras.gal) dunha das semanas comprendidas entre o 5 de outubro e o 1 de novembro de 2020 (de luns a domingo), que xirarán arredor dos seguintes temas: o Día da Nena, a vida e a obra do Protagonista do Día das Letras Galegas 2020, Ricardo Carballo Calero, o Samaín e a educación ambiental. Todas as palabras estarán dispoñibles, a medida que se publiquen, na ligazón https://portaldaspalabras.gal/lexico/palabra-do-dia/.
Os traballos deberán incluír por escrito as 7 palabras da semana en que se inspiran e funcionar como mapas conceptuais ou apuntamentos visuais que sinteticen en imaxes a temática abordada, e que poidan dialogar con outros conceptos relacionados. As imaxes deberán referirse de forma clara cando menos a 5 das 7 palabras do día da semana elixida cando se concorra nas categorías Primaria 2 . Nas categorías de Primaria 1, a participación realizarase por aulas.
Cada aula poderá concursar cun mural colectivo ou ben cun mínimo de 7 ilustracións realizadas cando menos por outros 7 estudantes (ou toda a aula de seren menos). ...
Poderán empregarse todo tipo de técnicas propias da ilustración non dixital (lapis de cores, rotuladores, tinta, acuarela...). O prazo para a presentación de ilustracións abrirase o día 1 de novembro de 2020 e pecharase o 1 de decembro.
Neste blog do EDNL do CEP Campolongo, na columna da esquerda (versión web da páxina) estará o logo permanentemente para entrar no Portal das palabras. Por defecto os blogs nos teléfonos móviles só mostran a columna central, nun ordenador de mesa vese o diseño completo.
VER A NOVA NO PORTAL DAS PALABRAS - VER AS PALABRAS TRABALLADAS
2.10.20
Madalena Gamalho - Todo o mundo é teu | #MusicandoCarvalhoCalero
1.10.20
Refraneiro do mes de outubro
Os Remedios, o segundo domingo de outubro;
O Pilar, 12 de outubro.
San Lucas, 18 de outubro
San Xudas e San Simón, 28 de outubro.
San Quintín, 31 de outubro.
- Por San Francisco bota o liño mourisco, se o botas en San Simón nin da estopa nin estopón.
- Por san Francisco, risco, risco. Por san Lucas alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
- En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa.
- Outono, outonán, mes das San Lucas e maís san Froilán.
- Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendotes.
- Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.
- Polo san Lucas mata o teu porco e barra a túa cuba / as túas cubas.
- Polo san Lucas saben ben as uvas.
- Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas.
- Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son
- Polo san Simón proba o viño, e o porco polo san Martiño.
- Polo san Simón, áncoras ó fondón.
- Por san Simón a xeira do cogordón.
- Por san Simón cada moneda vale un doblón.
- Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.
- Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
- Por san Simón o néspero se repón.
- Por san Simón, aperta o baldón.
- Por San Simón, camiñar si, navegar non.
- A verdura de San Simón dá pró amo e mais pró ladrón.
- Áncoras ó fondo, que chega San Simón.
- As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son.
- As enchentes de San Simón sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois.
- Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas.
- Por san Quintín castañas ó rolín.
- A lúa de outubro a sete cubre, e se chove, nove.
- A lúa de Outubro sete lúas cobre, e se chove, cobre nove.
- En outubro, a terra esterca e cobre.
- En outubro, non molesta o lume.
- Outubro viñateiro, pai de bo xaneiro.
Nota:
- Baldón ou bandón é o tapón de cortiza ou madeira co que se tapa o burato da tapa superior dos bocois.
- "Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez.
Neste mes entrarían tamén moitos dos refráns que hai sobre o outono, que tanto pode ser chamado estación ou mes do ano.
Ver tamén curiosidades de outubro. Ver Santoral de todo ano.