27.12.20

Palabras do Ano 2020 da escola ( as que máis gustaron, as máis descoñecidas e as dos aniversarios)

Palabras que non se coñecían e
 palabras que  gustaron
 
Palabras dos aniversarios 2020

Clica nas  imaxes se as queres ver todas. (Buscar no dicionario)  - (Ver a orixe deste artigo)
- As palabras que máis gustaron  do galego no 2020 polo alumnado que votou da escola por Edixgal e pola Aula Virtual,  foron:  amorodo: 8 veces  - agasallo: 7 - bolboreta: 8 - agarimo: 6 - bico:  5 -  golfiño: 4.

- As palabras máis elixidas das que non coñecían do documento foron: Xermolo (4/01/2020): 14 veces - garatuxa: 10 - carballiza: 7 - mormeira: 4 - tándem : 4 - curota : 4   - bategada: 3 . Outras: calistro, alpabarda, xanzá, afelio, pándego, chorima, ervella, ávrego, dadaismo ...

- Con respecto ós aniversarios do 2020 os  que máis se repetiron foron

DÚAS PERSOAS CO MESMO ANIVERSARIO:  academia (19/09/2020), alpabarda, arrabalde, cenobio, novidade, feminizar, fontenla, laverca, migración , nota, pándego, patriarcal, orballeira, ovella, parabéns, rosquilla, tándem, trevo, trueiro, xuventude,

TRES PERSOAS CO MESMO ANIVERSARIO : brétema (31/03/2020), chacolí, murchar, trangalleiro, voluntario,

SEIS PERSOAS CO MESMO  ANIVERSARIO: Coello (14 de xaneiro)

Artigo relacionado

Ningún comentario:

Publicar un comentario