1.10.20

Refraneiro do mes de outubro

Primeiro vótalle unha ollada a estas datas, e logo le os refrans específicos do mes de outubro,  porque tamén hai moitos sobre o outono.  Ver o santoral completo anual


San Francisco, 4 de outubro.  

Os Remedios, o segundo domingo de outubro;

O Pilar, 12 de outubro.

San Lucas, 18 de outubro

San Xudas e San Simón, 28 de outubro.

San Quintín, 31 de outubro.



- Por San Francisco bota o liño mourisco, se o botas en San Simón nin da estopa nin estopón.
- Por san Francisco, risco, risco. Por san Lucas alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
 -  En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa.
- Outono, outonán, mes das San Lucas e maís san Froilán.
- Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendotes.
- Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.
- Polo san Lucas mata o teu porco e barra a túa cuba / as túas cubas.
- Polo san Lucas saben ben as uvas.
- Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas.
- Na semana de san Lucas, suca, boi, suca.

- Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son
- Polo san Simón proba o viño, e o porco polo san Martiño.
- Polo san Simón, áncoras ó fondón.
- Polo san Simón, camiñar si, navegar non.
- Por san Simón a xeira do cogordón.
- Por san Simón cada moneda vale un doblón.
- Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.
- Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
- Por san Simón o néspero se repón.
- Por san Simón, aperta o baldón.
- Por San Simón, camiñar si, navegar non.
- A verdura de San Simón dá pró  amo e mais pró  ladrón.
- Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.
- De setembro a San Simón, non comas o mexillón.
- Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendote.
- Áncoras ó fondo, que chega San Simón.
- As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son.
- As enchentes de San Simón sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois.
- Outubro viñateiro, pai do bo xaneiro.
- Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas.
- Por san Quintín castañas ó rolín.
- A lúa de outubro a sete cubre, e se chove, nove.
- A lúa de Outubro sete lúas cobre, e se chove, cobre nove.
- En outubro, a terra esterca e cobre.
- En outubro, non molesta o lume.
- Outubro viñateiro, pai de bo xaneiro.

Nota:

 - Baldón ou bandón é o tapón de cortiza ou madeira co que se tapa o burato da tapa superior dos bocois.
-  "Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez.

Neste mes entrarían tamén moitos dos refráns que hai sobre o outono, que tanto pode ser chamado estación ou mes  do ano.

Ver tamén curiosidades de outubroVer Santoral de todo ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario