O lema dos alumnos de 5.º de primaria do CEP Campolongo, de Pontevedra, foi o gañador da súa categoría no concurso convocado pola Xunta con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Os estudantes do CEP Campolongo articularon como lema "Multiplica igualdade e dividirás a violencia", que resultou vencedor na categoría de 5.º de primaria a 2.º de ESO. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, deu a coñecer este martes os gañadores no Centro de Supercomputación de Galicia ( Cesga).
No premio hai unha cuantía económica para gastar no comercio local.
Ningún comentario:
Publicar un comentario