A Real Academia Galega e a Fundación Barrié convocan,O Concurso Olla a Palabra do Día! está dirixido ao alumnado de .... , primaria ...
Establécense as seguintes categorías: ... Primaria 1. Alumnado de 1º, 2º e 3 de primaria. Primaria 2. Alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria ...
Cada traballo presentado ao concurso levará á linguaxe visual as palabras do día do Portal das Palabras (portaldaspalabras.gal) dunha das semanas comprendidas entre o 5 de outubro e o 1 de novembro de 2020 (de luns a domingo), que xirarán arredor dos seguintes temas: o Día da Nena, a vida e a obra do Protagonista do Día das Letras Galegas 2020, Ricardo Carballo Calero, o Samaín e a educación ambiental. Todas as palabras estarán dispoñibles, a medida que se publiquen, na ligazón https://portaldaspalabras.gal/lexico/palabra-do-dia/.
Os traballos deberán incluír por escrito as 7 palabras da semana en que se inspiran e funcionar como mapas conceptuais ou apuntamentos visuais que sinteticen en imaxes a temática abordada, e que poidan dialogar con outros conceptos relacionados. As imaxes deberán referirse de forma clara cando menos a 5 das 7 palabras do día da semana elixida cando se concorra nas categorías Primaria 2 . Nas categorías de Primaria 1, a participación realizarase por aulas.
Cada aula poderá concursar cun mural colectivo ou ben cun mínimo de 7 ilustracións realizadas cando menos por outros 7 estudantes (ou toda a aula de seren menos). ...
Poderán empregarse todo tipo de técnicas propias da ilustración non dixital (lapis de cores, rotuladores, tinta, acuarela...). O prazo para a presentación de ilustracións abrirase o día 1 de novembro de 2020 e pecharase o 1 de decembro.
Neste blog do EDNL do CEP Campolongo, na columna da esquerda (versión web da páxina) estará o logo permanentemente para entrar no Portal das palabras. Por defecto os blogs nos teléfonos móviles só mostran a columna central, nun ordenador de mesa vese o diseño completo.
VER A NOVA NO PORTAL DAS PALABRAS - VER AS PALABRAS TRABALLADAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario