Entrega de premios |
O alumnado de 5º participou xunto a outras escolas na homenaxe ás "Bravas do Mar" escribindo historias baseadas nalgunha muller da súa familia ou en personaxes creados por eles mesmos. A través dos seus textos, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria de Sequelo, Campolongo, Carballal, e os de 1º e 2º de ESO de Chan do Monte e Illa de Tambo denunciaron a necesidade de igualdade entre homes e mulleres, á vez que reivindicaron todo o protagonismo para estas profesionais. Estes textos, un total de 100 obras, xunto coas Bravas que protagonizaron o material sobre o que traballaron nestes meses, foron os grandes protagonistas da gala celebrada no Edificio da Xunta de Galicia en Pontevedra. Ver nova na Voz de Galicia - Ver nova no Correo Galego
Ningún comentario:
Publicar un comentario