Coñeces algún outro refrán deste mes? Se así é podes engadilo nos comentarios para compartilo con tod@s, ou decírllelo á mestra/e e logo poder metelo con estes outros. Busca no dicionario ou pregunta por aquelas palabras que non entendas. De momento "auga temos bastante".
“A auga de xaneiro cada gota vale un diñeiro.”
“A auga de xaneiro, todo o ano ten tempero.”
“A flor de xaneiro no chega ao froiteiro.”
"A auga do mes de xaneiro mata ó usureiro"
"A sardiña no xaneiro, cúspelle a barba a un mariñeiro"
"Amor o primeiro, e a lúa a de xaneiro"
"Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame no eido"
"En xaneiro, visita o outeiro; se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar".
“En decembro descansar, en xaneiro traballar.”
“En xaneiro sabe a verza vella a carneiro.”
"En xaneiro nin galgo leboreiro, nin falcon perdigueiro"
“En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro”.
“En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro”.
“En xaneiro, pon o alleiro.”
“Entre nadal e xaneiro, inverno verdadeiro.”
"Entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro"
"En xaneiro, xa a abella pon os pés no salgueiro"
“Nadal e xaneiro, fan o inverno enteiro.”
“No mes de xaneiro, pon os pés no braseiro.”
"No minguante de xaneiro, corta o teu madeiro"
"O pito de xaneiro, coa súa nai sobe ó poleiro"
"Polo San Xián medra o día un pasiño de can" (9)
"Por xaneiro, o ferreiro vale carneiro"
“Polo san Vicente, planta os nabos da semente.” (22)
"Polo san Vicente perde o inverne un dente"
"Polo San Vicento ten o día unha hora máis, metade pola mañán, metade polo serán" (22)
“Polo xaneiro verán, nin palla nin gran”.
“Poucas chuvias en xaneiro, enchen o canleiro"
"Quen colle a aceitona antes de xaneiro deixa o aceite no oliveiro"
"Se queres ter bo alleiro, pon o allo no mes de xaneiro"
“Tronos en xaneiro, mortandade no reino.”
"Un bo día de xaneiro é un lobo no quinteiro"
"Verzas en xaneiro saben coma carneiro"
“Xaneiro mollado, febreiro transtornado”
“Xaneiro quente, trae o demo no ventre.”
"Xaneiro xiado e abril mollado, enchen o faiado"
"Xaneiro frío o atemperado pásao arroupado"
"Xaneiro, xeadeiro, febreiro, grileiro"
"Xaneiro, xeadeiro, febreiro, grileiro"
San Xián: 9 de xaneiro - San Vicente: 22 de xaneiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario