1.2.21

Refraneiro de Febreiro

Neste mes de Febreiro temos dous santos refraneiros: A Candeloria, o 2, e San Brais o 3. Na Candeloría é cando se di que casan os paxaros, e no San Braís xa se nota como medrou o día.
Clicando nas ligazóns anteriores atoparás máis do que temos aqui neste artigo.
- Abrígate por febreiro con dúas capas e un sombreiro.
- A castaña e o besugo en febreiro están en zugo.
- A chuvia en febreiro fai o palleiro. 
- A neve febreiriña vaise axiña.
- A partir da Candeloria, ningunha ave boa soa.
- Aproveite ben febreiro quen mal folgou en xaneiro.
- Auga de febreiro , enche o cabaceiro.
Brais, lávate e comerás, e dispois de ben lavado non comerás bocado.
- Cando chove en febreiro todo ano é temporeiro.
- Cando febreiro non febreirea, marzo marcea.
- Cando a Candeloria chora, a metade do inverno vai fora".
- Come máis pan un día de sol de febreiro que os cabalos de todo o reino.
"Día de S. Brais , hora e media mais, e o que ben lle contou, dúas horas lle encontrou"..
- Dure a mala veciña o que a neve febreiriña.
- Febreiro camiseiro, nen boa meda nen bo palleiro.
- En febreiro corre a auga por calquera regueiro.
- En febreiro garda a leña no leñeiro.
- En febreiro limpan o cu no palleiro.
- En febreiro mete obreiro, antes no derradeiro que no primeiro.
- En febreiro mete obreiro, pan che comerá pro traballo che fará.
- En Febreiro nin can, nin cadela nin sombreiro.
- En febreiro, por cada rego un caneiro.
- En febreiro saca o boi do teu centeo.
- En febreiro sae o oso do oseiro.
- En febreiro, sardiñas no fumeiro.
- En febreiro sete lobos ao carreiro.
- En febreiro, sete capas e un sombreiro.
- En febreiro sete lobos ao carreiro".
- En febreiro, un pouco ao sol e outro ao fumeiro.
- En febreiro, un día ó sol e outro ó braseiro.
- Febreiriño a ferverexar e a espurritiña do trigo a medrar.
- Febreiriño corto cos seus vinteoito, se tivera máis catro non paraba can nin gato, nin abella no burato.
- Febreiro camiseiro, nin boa meda nin bo palleiro.
- Febreiro corzo, cos seus vinte e oito, se durara máis catro, non quedaba can, nin rato no seu burato.
- Febreiro currusqueiro, marzo ventoso, abril chuvioso, maio louro cuberto de ouro.
- Febreiro, felerpeiro.
- Febreiro lardeiro...
- Febreiro mollado Maio soleado.
- Febreiro moliñeiro; marzo ventoso; abril chuvioso, maio louro, cuberto de ouro.
- Febreiro tasqueiro, nin boa meda nin bo palleiro.
- Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira.
- Neve febreiriña, pícaa a galiña.
- Neve febreiriña, tarde vén e axiña camiña.
- Mal ano espero, se en febreiro anda en mangas de camisa o xornaleiro.
- Mira, Brais, por onde vas, e coida ben o que fas.
- Neve febreiriña, tarde ven e logo camiña.
- Neve febreiriña pica a galiña.
- Pola Candeloria metá do inverno vai fóra, se chove ou venta, inda entra.
- Pola Candeloria cásan os paxariños e vaise a galiñola.
- Polo san Valentiño a amendoeira esbrocha o grumiño.
- Por San Brais, dúas horas máis.
- San Brais da barca que afoga e non mata.
- Se non chove en Febreiro, nin bo prado, nin bo centeo, nin bo lameiro.
- Se chove en febreiro, nen trigo nen centeo.
- Se febreiro non febreirea, marzo non marcea.
- Se en febreiro quente estás, en Semana Santa tiritarás.
- Se a Candeloria chora, metá do inverno vai fóra; que chore que deixe de chorar, metá do inverno está por pasar.
- O dous de febreiro súbete ó outeiro; se ves negrexar ponte a cantar; se ves branquexar bótate a chorar.
- Ó sol sen sombreiro, nin en agosto, nin en febreiro.
- Por San Valentiño a amendoeira esbrocha o grumiño.
- Ten o inverno por pasado se ves a febreiro empapado.
- Un día bo en febreiro é un ladrón no eido.
- Vaite febreiro cos teus vinteoito que se duras máis catro non queda nin can nin gato.
- Xaneiro xeadeiro, febreiro grileiro.
- Xaneiro xiadeiro, febreiro fervedeiro, marzo pelarzo, abril co día no cubil.


Ningún comentario:

Publicar un comentario