Etiquetas
8 de marzo
Activ. LIM
Brincaletras
Cadros Vivos
Camelia
Campañas
Cantigas Galegas
Carvalho Calero
Celebracións
Cogomelos
Contos
Curiosidades
Curso 09-10
Curso 10-11
Curso 11-12
Curso 12-13
Curso 13-14
Curso 14-15
Curso 15-16
Curso 16-17
Curso 17-18
Curso 18-19
Curso 19-20
Curso 20-21
Curtas
Documentais
Dálle á Língua"
Día da Ciencia
Día da Paz
Dígocho eu
Entrevistas
Entroido
Experimentos
Fotos
Frases Feitas
Galefas
Gramática
Gústame
Historia
Informática
Lendas
Letras Galegas
Lexislacion
Libros
Lingua
Magosto
Maio
Música
Normativa
Nós tamen creamos
O Apalpador
Ollos de aula
Onda Cero
Panxoliñas
Para Traballar
Patrimonio
Peixes
Persoeir@s
Poesía
Ponte nas Ondas
Recursos
Refraneiro
Revistas
Rosalía
Rueiro Pontevedra
Río Ghafos
Salón do Libro
Samaín
Sementando Palabras
Teatro
Traballos
Trotacontos
Unesco
Vocabularios
Vídeos
Xadrez
Xela Arias
Xogos
Yogote
Páxinas de interés
28.4.21
24.4.21
21.4.21
"Coreografía-Xela Arias"
Coreografía argallada por unha alumna de 6º de Primaria (Lola) para os retrousos da canción "Canto sei", producida no colexio e baseada nun poema de Xela Arias ("Darío a diario").
16.4.21
O Camiño Francés a través da súa toponimia (1)
Camiño Francés Galego a través da súa toponimia. Ver as demais etapas (Seis breves pezas divulgativas que mostran o Camiño de Santiago desde unha perspectiva etnográfica, cultural e lingüística que pon en valor a toponimia galega para que o peregrino comprenda desde un punto de vista novo a relevancia da Ruta Xacobea e a súa impronta na configuración cultural da actual Europa.)
14.4.21
13.4.21
9.4.21
31.3.21
Refraneiro do mes de abril
-Xaneiro, xeadeiro;
cada surco seu regueiro;
marzo nin o rabo do gato mollado;
abril canta poida vir;
maio pardo; San Xoán craro;
Santa Mariña calor;
agosto millor,
agosto millor,
conténtate labrador.

- A abella e a ovella en abril deixan a pelella.
- A auga de abril enche o carro e o carril.
- Abril, abril, de cen en cen anos deberas vir.
Abril, abrilón, auga por un tubo e pode que trebón.
- Abril atoldado e pouco mollado.
- Abril e maio son as chaves do ano.
- Abril esfola, pero maio amola.
- Abril, espigas mil.
- Abril frío e fornos quentes, alegría para os meus dentes.
- Abril mollado, malo na horta e bo no campo.
- Abril, se por mal quere vir, aínda as portas non deixa abrir.
- Abril, para ser abril, ten que vir con augas mil.
- Abriles e cabaleiros, son ás veces traizoeiros.
- A ti chova todo o ano e a min abril e maio.
- Ao escacho polo abril non hai máis que lle pedir.
- A vella que soubo vivir, gardou pan para maio e leña para abril.
- Busca pan para maio e leña para abril e bótate a durmir.
- Chova por abril e maio e non chova en todo o ano
- Chova por abril e maio e non chova en todo o ano
- De abril a abril volven as augas por onde adoitaban vir.
- En abril, augas mil.
- En abril, cear sen candil.
- En abril déixame durmir, que en maio de seu me caio.
- En abril queima a moza o mandil.
- En abril vai onde has de ir qu'a tua casa virás a durmir.
- Escárbame en abril, e pódame en maio que chepagaréi o teu traballo.
- Falten augas mil e non falten en abril.
- Garda pan pra maio e palla pra abril.
- Labrador no abril deixate ir hasta o meixil
- Marzo espigas catro, abril espigas mil.
- No abril, pra min; no maio, pró amo, no san Xoán, pró criado.(a lamprea ou o salmón, dependendo do lugar)
- No mes de abril fai queixos mil.
-Os enxames de abril, gárdallos pra ti,os de maio a quen chos pida, dallos e os de San Xoan bótallos ó can.
- Os aires de abril fan meter o porco no cubil.
- O año de abril enche o regazo e o mandil.
- O millo polo San Marcos nin no saco nin nado.( 25 abril día de San Marcos)
- O queixo e o barbeito en abril e maio sexa feito.
- O sol da na cama en abril; deixa labrego de dormir.
- Poeria en abril, lama en agosto.
- Pra cear en abril nin sol nin candil.
- Quen en abril come sardiña, aínda en agosto lle pica a espiña.
- Quen en marzo non fende, en abril non estende.
- Seméntesme tarde, seméntesme cedo,hasta o mes de abril non me verás o pelo.(as patacas)
- Se queres ter boas pitas e bó galo, colle os ovos en abril e bótallos en maio.
- Se queres saber cando é abril, a andoriña viracho dicir.
- Se marzo non marcea, abril cantalea.
- Se ves a cobra antes de San Marcos,inda verás a neve nos campos.
- Sol de abril, ábrelle a man e déixaoo ir.
- Unha agua de maio e tres de abril, valen por mil.
- Vale máis o trebón de abril que os bois e o carro e aquel que vai nil.
- Vale mais abada de marzo que feixe de abril.
- Veñan dúas mil e non veñan as de abril.
- Viño de abril arde no candil; viño de maio pouco e malo.
- Viño de abril non vai ó funil.
- Viño de maio pouco e malo o de abril é xentil.
- Xaneiro xiado e abril mollado, enchen o faiado.
7.3.21
6.3.21
4.3.21
Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal 2021
Un ano máis, a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela abre o prazo das votacións en liña para elixir a mellor canción galega e portuguesa de 2020. Logo dunha primeira fase na que o xurado seleccionou os dez mellores temas en galego e os dez mellores temas en portugués, xa coñecemos as músicas e artistas nomeados nesta edición. Por Galicia resultaron finalistas: Baiuca, Guadi Galego, Mercedes Peon & Streicherensemble der Augsburger Philharmoniker, MJ Pérez, Néboa, Os d’Abaixo, Pauliña, Ukestra do Medio, Uxía & Sérgio Tannus e Xoana. E por Portugal: Ana Bacalhau, Bárbara Tinoco, Carlão, Cláudia Pascoal, Dino D’Santiago, Fuga, Miguel Araújo, Os Quatro e Meia, Pedro Abrunhosa e Tatanka. As persoas que se queiran sumar a esta iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade poden votar a través do web do certame desde 19 de febreiro ata o día 20 de marzo. Todas elas participarán posteriormente no sorteo dun lote de libros e cedés.
Podes velas e ouvilas en versión reducida aquí
Ver versión completa na páxina web de Aritmar
3.3.21
1.3.21
Refraneiro de marzo
- Auga de marzo, herbanzo.
- A viña de bon amo, pódase en marzo; a viña do ruín, pódase en abril.
- Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo.
- Cando marzo maiea, maio marcea.
- Cando en marzo chove e en abril xía, queda maio feito unha criba.
- Cando en marzo chove e en abril xía, queda maio feito unha criba.
- Chuvia en marzo, nin o mexo dun rato.
- Cobras en marzo, neve en abril.
- Cobras en marzo, neve en abril.
- En marzo espingarzo.
- Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil.
- Entre marzo e abril o cuco ha de saír; se ós tres meses non volveu, é porque morreu.
- Marzo, marzán,pola mañán cara de rosa, pola tarde cara de can.
- Marzo chuvioso, verán caluroso.
- Marzo ventoso e abril caluroso,traen a maio frorido e fermoso.
- Marzo, marzolo, trebón e raiolo.
- Marzo marzal, déixame o viño trasegar.
- Marzo ben feito, patacas a eito.
- Marzo amola e abril esfola.
- Marzo é enganador, un día malo e outro peor.
- Marzo, nen rabo de gato mollado.
- Marzo, marzán, a mañá cara de rosa, a tarde cara de can
- Marzo, marzán, a mañá cara de rosa, a tarde cara de can
- Marzo pardo, abril chuvioso e maio ventoso fan o ano formoso.
- Nas tarde de marzo recolle o teu gando.
- Marzo chegar, tempo de enxertar.
- Nas tardes de marzo recolle o teu gando.
- No marzo, abrigo, noces e pantrigo.
- Nin marzo con flores, nin moza sen amores.
- No marzo aínda hai lama no pazo.
- O que en marzo non poda a súa viña, perde a vendima.
- O sol de marzo queima as donas no seu pazo.
- O vinte e cinco de marzo, entra a merenda e máis o descanso.
- Pan para maio e leña para abril, e o mellor cepón para marzo compón.
- Pan para maio e leña para abril, e o mellor cepón para marzo compón.
- Polo San Pedro de Cuadrela, sae a cóbrega de debaixo da terra.
- Quen en marzo non fende, en abril non estende.
- Quen teña forza no brazo, cave e pode en marzo
- San Raimundo trae a anduriña do outro mundo.
- Se por marzo canta a rá, por maio xa calará.
- Se por San Xosé a bubela non vén, catala morta ou algo ten.
- Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ó cuco lle pasou.
- Se por marzo canta a rá, por maio xa calará.
- Se por San Xosé a bubela non vén, catala morta ou algo ten.
- Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ó cuco lle pasou.
- Se en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela e a ruliña non rulea, má colleita se espera.
NOTA: Se sabedes dalgún podedes dárllelo a alguén do cole ou mandalo por correo.
NOTA: Se sabedes dalgún podedes dárllelo a alguén do cole ou mandalo por correo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





