4.3.21

Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal 2021

 Un ano máis, a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela abre o prazo das votacións en liña para elixir a mellor canción galega e portuguesa de 2020. Logo dunha primeira fase na que o xurado seleccionou os dez mellores temas en galego e os dez mellores temas en portugués, xa coñecemos as músicas e artistas nomeados nesta edición. Por Galicia resultaron finalistas: Baiuca, Guadi Galego, Mercedes Peon & Streicherensemble der Augsburger Philharmoniker, MJ Pérez, Néboa, Os d’Abaixo, Pauliña, Ukestra do Medio, Uxía & Sérgio Tannus e Xoana. E por Portugal: Ana Bacalhau, Bárbara Tinoco, Carlão, Cláudia Pascoal, Dino D’Santiago, Fuga, Miguel Araújo, Os Quatro e Meia, Pedro Abrunhosa e Tatanka. As persoas que se queiran sumar a esta iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade poden votar a través do web do certame desde 19 de febreiro ata o día 20 de marzo. Todas elas participarán posteriormente no sorteo dun lote de libros e cedés. 
Podes velas e ouvilas en versión reducida aquí

Ver versión completa na páxina web de Aritmar

Ningún comentario:

Publicar un comentario