9.5.20

Dalí e o seu gato - Alexander P. C. (5ºA)

A excentricidade de Salvador Dalí tamén aparece reflectida nas súas mascotas. Era un amante dos gatos, pero elixiu como compañeiro peludo un ocelote que adquiriu en Colombia na década dos 60. Chamábase Babou e Salvador Dalí levábao cunha cadea de ouro alá onde ía: aos restaurantes, viaxou con el no cruceiro SS France, e compartían suite no Hotel Palace. Aínda se lembra o día en que o seu ocelote escapouse pola xanela provocando o pánico dos hóspedes. Tampouco esquecen a Babou no Hotel Lle Meurice e as desfeitas nas alfombras persas e as cortinas. Ver máis Cadros Vivos

Ningún comentario:

Publicar un comentario