19.12.19

Situación da estrela Rosalía de Castro

Estrela Rosalía de Castro
Rosalía de Castro xa ten estrela a 240 anos luz da súa terra. Xa  forma parte do catálogo Henry Draper de estrelas, unha colección de datos estelares compilado a principios do s. XX pola astrónoma Annie Jump Cannon e os seus colaboradores do Observatorio de Harvard, nos Estados Unidos. Pola súa parte, o planeta que o acompañará nese recuncho do universo, Río Sar, foi descuberto en 2005 desde o Observatorio da Alta Provenza (Francia) coa técnica de espectroscopia Doppler. Ten un tamaño algo maior ca Xúpiter e xira moi preto do seu ‘sol’, facendo unha órbita completa arredor del cada catro días.

18.12.19

Emisión das lecturas de "Dálle a lingua" de Onda Cero Radio

A emisión das lecturas de "Dálle a lingua" de Onda Cero Radio serán dende o luns 23 DE DECEMBRO ATA O VENRES 3 DE XANEIRO  (2 semanas-de luns a venres) na orde na que se gravaron (Ver as  sesións gravadas ) . Emisións:  (1ª sesión: luns 23 , 2ª sesión: martes 24 , 3ª sesión mércores 25 , 4ª sesión xoves 26 , 5ª sesión venres 27, 6ª sesión: luns 30 , 7ª sesión martes 31, 8ª sesión mércores 1 de xaneiro, 9ª sesión xoves 2 de xaneiro  e 10ª sesión o venres 3 xaneiro)
 , aproximadamente.
Emitirase a partir das 11:50 da mañá
............................................................................
Xa se poden escoitar en: https://ghafos.blogspot.com/2020/02/dalle-lingua-ligazon-dos-programas.html

-na radio no dial 103.6 FM
-na APP seleccionando "Pontevedra".
-na internet

Ver máis fotos

17.12.19

Palabra Galega do ano 2019

Palabra galega do ano
Candidatas
O alumnado de 4º participou na elección da palabra do ano 2019
Ver na páxina web

12.12.19

REFRÁNS SOBRE ALGÚNS DOS NOSOS PEIXES

REFRÁNS SOBRE ALGÚNS DOS NOSOS PEIXES
A anguía en empanada e a lamprea escabechada
Quen vai á barbada, nas penas esbarra.
Cando o trigo vai louro o muxe vale ouro.
Cando o trigo vai louro, o peixe blanco val ouro.
A langosta e o cazón, en maio están en sazón 
Ó escacho, polo abril, non hai máis que lle pedir
En xaneiro a faneca sabe a carneiro
faneca i-a solla, na caída da folla.
Non é boa solla a que o pan non molla.
Cando a figueira ten folla, ten boa comida a solla 
Pescador que non se molla non comerá moita solla 
Golfíns que moito saltan, vento traen e calma espantan
Lampreas en san Xoán, pra o can
Do mar o "mero"  (cherna)e da terra o becerro
Ollomol de xaneiro vale un carneiro 
Mentras canta o cuco, non comas raia nin polvo 
En abril, o salmón para min, no maio para o criado, e no san Xoán para o can.
A muller e a sardiña, canto máis pequena máis fina.
Arroace na ría,  moita sardiña 
Quen queira mal a unha veciña, déalle en abril sardiña
Por San Xoán a sardiña pinga ó pan
sardiña e o porco se voaran máis se estimaban 
Cada sardiña ten a súa espiña
pancho, tan largo como ancho.
A raia e a perdís, coa man no narís.
Despois da Ascensión, nin sable nin salmón.
De san Miguel a Santos, nubes de tranchos
Ao róbalo, quem o quiser há-de escamá-lo.
troita, para que guste, ha de tres sete efes: fresca, fría, fiada, frangosa, fea e femia 
Muller costureira e home troiteiro, nin boa meda nin bo palleiro
Lacón con grelos,/ repolo de Betanzos/ e mais xurelos.
A carne, carne cría, ... E o peixe  mantente en forma todo o día
Peixe a remollo non o collo
Quen quiser pescar há-de se mollar
Chuva de morriña, nin peixe  nin fariña
O peixe grande come o pequeno
O hóspede e o peixe ós tres días aborrecen
Os nabos e os peixes no tempo da xiada crecen
Carne de ontem, peixe de hoje, vinho do outro verão fazem o homem são. (Chaves)
En marzo veñen os peixes no regazo
Moito peixe rompe a rede
Peixe algareado, cambio de tempo
Peixe en xaneiro vale carneiro
Peixe pesca peixe 
Pola boca morre o peixe // 
Saia peixe, saia ran, ó cesto van 
Todo o que cae na rede non é peixe
Uns tenden as redes outros collen  os peixes
Vale máis o mollo que o peixe  









9.12.19

Cadro de cores con lacasitos

Escuma de clara de ovo

O fantasma na botella

Para facer o  experimento necesitamos unha botella de plástico con auga, unha luva de látex, tesoiras,  rotulador permanente e unha  arandela metálica do tamaño dos dedos da luva.

Recortamos un dos dedos da nosa luva, decoramos o dedo co  rotulador  e logo metemos a  arandela metálica  na parte inferior. Pódese substituír a  arandela por outro  contrapeso.

Logo metemos o dedo na botella de plástico chea de auga. Para que o experimento funcione correctamente é necesario que quede algo de aire atrapado no dedo e que flote na auga pero practicamente mergullado. Finalmente tápase a botella co tapón.

Cando apertamos a botella obsérvase que o dedo se afunde ata chegar ao fondo. Se deixamos de apertar a botella o dedo ascende á superficie.

Explicación
Antes de presionar a botella, o dedo co peso flota debido a que o seu peso queda contrarrestado pola forza de empuxe exercida pola auga (principio de  Arquímedes). Ao apertar a botella comprímese o aire atrapado na parte superior da botella e no interior do dedo. Entra auga no interior do dedo, polo que se produce un aumento do peso e o dedo afúndese. Ao deixar de apertar a botella a auga sae do dedo que perde peso e ascende á superficie.

Para variar o seu peso e modificar a  flotabilidad, os submarinos están equipados con tanques de lastre que poden encherse con auga tomada do exterior ou aire a presión. Para mergullarse os submarinos abren os tanques de lastre que se enchen completamente de auga. Para emerxer énchense os tanques con aire a presión que despraza a auga.

7.12.19

Que é o que sabes sobre as pilas?

UD
As pilas e acumuladores son toda fonte de enerxía eléctrica xerada pola conversión directa de enerxía química. Poden consistir nunha ou máis celas primarias (pilas non recargables) ou nunha ou máis celas secundarias (pilas recargables ou acumuladores). As pilas e acumuladores portátiles proporcionan autonomía con respecto  á  rede eléctrica. Por iso son moi útiles nos nosos fogares e nos desprazamentos fóra da casa. Son moitos os  dispositivos  que se alimentan con estas pequenas fontes de enerxía: Mandos a distancia, calculadoras, reloxos, xoguetes, computadores, teléfonos móbiles, cámaras dixitais, lanternas e moitos máis.

A primeira pila da historiaEn 1938 un equipo de arqueólogos descubriu en Iraq o que algúns cren que podería ser a primeira batería da historia coñecida ata a data. Foi datada fai uns 2.000 anos e tratábase dunha vasilla cerámica que contén no seu interior un cilindro de cobre encaixado nunha barra de ferro. Cando se procedeu a introducir no seu interior zume de limón ou vinagre, a modo de electrolito, viuse que se comportaba de forma similar á dunha pila eléctrica moderna.
COMPOSICIÓN QUÍMICA PILAS : Algúns dos tipos máis comúns son: 
Botón: mercurio, litio, óxido de manganeso, óxido de prata, zinc-aire.
Pilas estándar: alcalinas ou de manganeso, zinc-carbono, litio
Recargables: níquel-cadmio, níquel-metal hidruro, litio, chumbo-acedo
Canto contaminan?
As pilas como residuo:
As pilas e baterías usadas son uns dos residuos máis contaminantes que xeramos.
O consumo de pilas en España sitúase en máis de 500 millóns de unidades ao ano
Se non son xestionamos  correctamente, os metais pesados que conteñen poden contaminar o solo e  a  auga, afectando gravemente  aos ecosistemas e aos seres humanos.
Máis datos de interese:
unha pila alcalina podería chegar a contaminar 175.000 litros, a auga que con- somen 6 persoas ao longo de toda a súa vida;
unha pila de óxido de prata, 14.000 litros de auga;
unha pila de zinc-aire, 12.000 litros de auga;
e unha pila de zinc-carbono, 3.000 litros de auga.

Saber máis:  Ver UD

De onde vén a palabra Feixoa ?

A feixoa é un froito outonal, de cor verde, sabor doce e aromático, do tamaño dun ovo de galiña e rico en vitamina C. Provén de zonas elevadas do Brasil, Uruguai, Paraguai, norte da Arxentina e Colombia aínda que hai uns anos comezou a cultivarse nas Rías Baixas e noutras partes do sur do país, pero imos ver unha curiosidade.
Non semella unha palabra galega? De feito é un nome galego cunha historia con voltas e reviravoltas, xa que o froito foi bautizado por un alemán en homenaxe a un brasileiro. Verás:
João da Silva Barroso, naceu en 1760 no Río de Xaneiro, Brasil. Afeccionado á natureza e á mineraloxía, veu a Europa a estudar matemáticas e filosofía na Universidade de Coímbra. Estando en Portugal, en 1778, entrou a formar parte dun grupo dos mellores alumnos de Domenico Vandelli para crear o Museo de Historia Natural de Lisboa. Para iso, tivo que facer unha estadía de máis de dez anos en Cabo Verde. É arredor desta época cando muda o seu apelido de pluma polo dun dos científicos que maior fama gozaban naquela altura e co que coincidía en ideoloxía, un ilustrado relixioso: Frei Benito Jerónimo Feijoo (1676-1764). Tan só simplificou a duplicación vocálica, pasando a chamarse João da Silva Feijó. Tempo máis tarde, aló por 1783 , o científico comezou a enviar mostras botánicas do Ceará brasileiro ao Xardín Botánico de Prusia. Alí, Otto Karl Berg, botánico e farmacólogo alemán da Universidade de Berlín, especializado en flora suramericana, nomeou o froito co nome de feijoa para homenaxear o brasileiro. Foi entre os anos 1855 e 1859.
E é así como o noso Feijoo –sen velo nunca, nin saber del–, deulle nome a este froito. Por brincar, podemos revirar un pouco máis a historia, xa que resulta que o apelido –como é evidente–, vén de feixón, que é unha planta da familia das leguminosas tamén coñecida como faba –sobre todo a semente; as vaíñas son os feixóns verdes–, palabra que compartimos co portugués, idioma no que lle deu nome a un dos pratos máis típicos do Brasil: a feijoada.  Sacado do Portal das Palabras

A danza do abellón

"Agora que remata o ano dedicado a Antonio Fraguas, quédanos unha última oportunidade para introducírmonos nunha das súas divulgacións antropolóxicas, a Danza do abellón. O cotobadés recolleu un relato sobre esta superstición no seu volume "Galicia insólita", publicado primeiro na colección Biblioteca Básica de Galicia da editorial Librigal  e maís tarde noutras. Este rito documéntase por primeira vez nun poema de Alfredo Brañas. 
E de que vai esta curiosa historia? Segundo a experiencia relatada por Alfredo Brañas neste poema, el mesmo descubriuna cando participou nun velorio en Vilanova de Arousa. Nun momento dado entraron todos os asistentes no cuarto onde se velaba a defunta e… comezaron a dar voltas arredor dela zoando baixiño coma un abellón! A crenza que estaba detrás deste curioso comportamento sostiña que aquel que deixase de fungar sería o primeiro en morrer. Polos comentarios dos versos, Brañas parecía non estar moi de acordo e pedía a prohibición desta superstición por parte da Igrexa. Poida que para que o poeta tivese esa opinión axudase a catástrofe que seguiu aquel episodio: con tanta xente e tanto baile, o piso cedeu, algúns asistentes quedaron esmagados e mesmo morreu unha vella (outra)". Do Portal das palabras.

5.12.19

Lámpada de lava

A "Milla Saudábel"

Clica aquí para saber máis
1ª Milla dos de 5º


1ª Milla dos de 3º
1ª Milla dos de 5º

1ª Milla dos de 4º

1ª Milla os de 6º
1ª Milla dos de 1º
1ª Milla dos de 2º
Neste curso 2019-20  comezamos unha nova andaina coa "Milla Saudábel". Unha variante da Milla Diaria que nalgún centros están intentando facer coa colaboración da Consellaría de Educación no seu programa PROXECTA.  Aquí temos unha foto dos grupos que xa participaron no noso centro. Ainda faltan os de 1º e os de 2º pero axiña o farán. Que sexa todo pola saúde !!!!
Ver máis  fotos dos da: - 1ª Milla dos de 3º -  1ª Milla dos de 4º -  1º Milla dos de 5º   -1ª Milla dos de 6º1ª Milla dos de 1º - 1ª Milla dos de 2º

Máis na Etiqueta Milla Saudábel do blog de E.F.

Xelís, o guieiro das botellas de mar

Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer. Unha gran mancha de plásticos, que navegaba errática polos océanos, deu en ameazar a illa de Otlic e puxo en perigo os seus habitantes. Os grandes guieiros da natureza non saben como actuar. Xelís inicia entón unha arriscada viaxe no lombo do mascato Mult ata as inmediacións do círculo polar ártico, onde coñecerá a Ilva, o avó Jónas e a súa extraordinaria fábrica de luz. Xuntos emprenderán a dura tarefa de atrapar a illa de plásticos para evitar a desfeita ecolóxica do planeta.
Serán capaces de facelo? Como podes axudalos ti? Únete a esta fantástica tribo na apaixonante aventura de salvar os océanos! (Sinopsis de Anaya)

Xafimercado con Biblioxafis

 A nosa biblioteca comeza o Xafimercado  para anirmar a tod@s a ler e agasallar con premios acadando "Biblioxafis". Ver máis fotos