Un home de negocios norteamericano estaba no embarcadoiro dunha aldea costeira de México cando chegou unha barca cun só tripulante e varios atúns moi grandes. O norteamericano felicitou ao mexicano pola calidade do peixe e preguntoulle canto tempo tardara en pescalo. O mexicano replicou: Oh! Nun intre.. Entón o norteamericano preguntoulle por que non se quedou máis tempo para coller máis peixes. O mexicano dixo que xa tiña suficiente para as necesidades da súa familia. O norteamericano volveu preguntar: E que fai vostede entón co resto do seu tempo? - O mexicano contestou: - Durmo ata tarde, pesco un pouco, xogo cos meus fillos, durmo a sesta coa miña muller, vou cada tarde ao pobo a tomar unhas copas e a tocar a guitarra cos amigos. Teño unha vida plena e ocupada, señor. - O norteamericano dixo con ton burlón: - Son un graduado de Harvard e poderíalle botar unha man. Debería dedicar máis tempo á pesca e coas ganancias comprar unha barca máis grande. Cos beneficios que lle reportaría unha barca máis grande, podería comprar varias barcas. Co tempo, podería facerse cunha flotilla de barcas de pesca. No canto de vender a súa captura a un intermediado, poderíalla vender ao almacenista; ata podería chegar a ter a súa propia fábrica de conservas. Controlaría o produto, o proceso industrial e a comercialización. Tería que irse desta aldea e mudarse a Cidade de México, logo a Os Ánxeles e finalmente a Nova York, onde dirixiría a súa propia empresa en expansión. - Pero señor, canto tempo tardaría todo iso? - De quince a vinte anos. - E logo que? - O norteamericano soltou unha gargallada e dixo que iso era a mellor parte: - Cando chegue o momento oportuno, pode vender a empresa en bolsa e facerse moi rico. Gañaría millóns. - Millóns, señor? E logo que? - Logo poderíase retirar. Irse a un pequeno pobo costeiro onde podería durmir ata tarde, pescar un pouco, xogar cos seus netos, facer a sesta coa súa muller e irse de paseo ao pobo polas tardes a tomar unhas copas e tocar a guitarra cos seus amigos. Bo, pero iso é o que fago agora señor, por que teño que esperar vinte anos?
Etiquetas
8 de marzo
Activ. LIM
Brincaletras
Cadros Vivos
Camelia
Campañas
Cantigas Galegas
Carvalho Calero
Celebracións
Cogomelos
Contos
Curiosidades
Curso 09-10
Curso 10-11
Curso 11-12
Curso 12-13
Curso 13-14
Curso 14-15
Curso 15-16
Curso 16-17
Curso 17-18
Curso 18-19
Curso 19-20
Curso 20-21
Curtas
Dálle á Língua"
Día da Ciencia
Día da Paz
Dígocho eu
Documentais
Entrevistas
Entroido
Experimentos
Fotos
Frases Feitas
Galefas
Gramática
Gústame
Historia
Informática
Lendas
Letras Galegas
Lexislacion
Libros
Lingua
Magosto
Maio
Música
Normativa
Nós tamen creamos
O Apalpador
Ollos de aula
Onda Cero
Panxoliñas
Para Traballar
Patrimonio
Peixes
Persoeir@s
Poesía
Ponte nas Ondas
Recursos
Refraneiro
Revistas
Río Ghafos
Rosalía
Rueiro Pontevedra
Salón do Libro
Samaín
Sementando Palabras
Teatro
Traballos
Trotacontos
Unesco
Vídeos
Vocabularios
Xadrez
Xela Arias
Xogos
Yogote
Páxinas de interés
14.1.19
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario