24.9.19

Adiviñanceiro do río

É máis prezada ca prata
ten a forma que lle deas
raña, carrexa e canta;
que cousiña pode ser?  UAAG
Que será unha cousiña cousa
Que entra na auga e non se molla?

BSAROM
Atrás dun penedo
Pariuno súa nai
Correu pola terra
E casouno no mar . OIR
É longo como un camiño
E vai fozando como un cochiño

IOR
Longo como unha rúa,
Rebulideiro coma un meniño
Cantareiro como un paxaro
E torto como un fouciño. IRO
Cruza o río e non se molla
Sobe a montaña e non se cansa,
E chove e non ten frío? BNUE
Son dúas irmáns
E nunca xunta as verás

SA IRASBE  OD  OIR
Ten ríos, pero non se mollan
Ten montes, pero é chairiño
Con catro dedos abonda
Para coller do Rin ó Miño,  PMAA
Teño sona de cantante
Sempre vou para adiante
A de Iguazú é moi importante;
Que demo son, diantre? ZAVENFER
Unha saba branca  sen algodón
Que cobre o mundo e o río non.

ENVE
Viaxan nun banco e non sentan
Non teñen cu pero teñen rabo
XESIEPE
Anda, anda sen parar
E nunca muda de lugar

ÑUMOI
Anda e non ten pés
Come e non ten boca
E toda a comida lle dan
Toda lle parece pouca. ÑIUMO

Cae da torre embaixo e non rompe
E cae dunha ponte e rompe.

PEPLA




Ningún comentario:

Publicar un comentario