Con Eva Gómez Cortés |
VER NOVA NA PRENSA
PREGUNTAS DO TRABALLO : As solucións podelas atopar nas ligazóns do texto anterior,
- Que sifnifica a palabra Gafos?
- Cales son árbores máis importantes da ribeira do río Gafos?
- Cales son os muíños da zona urbana do Gafos? Máis no blog de E. Física
- Como se chamaba o muíño que había dentro do recinto do colexio de Campolongo e do Crespo Rivas?
- Que significa Gorgullón?
- Cal é o afluente máis cercano ó muíño de Cabanas?
- Cales son as partes máis importantes dun muíño ?
- Desde que ano está cuberto o río na zona de Campolongo?
- Que outros nomes tiña o río na zona de Campolongo?
- Que planta se atopou polo río Gafos que é endémica desta zona?
- Cal é a lonxitude do río Gafos? Cal é a lonxitude da parte cuberta?
- Cales son lendas que temos no río Gafos?
- Cal é a árbore máis alta da zona urbana do río Gafos?
- Cal é a árbore onde podemos ver carrabouxos?
- Que diferenza hai entre un niño de morcego a un de paxaro dos que colocou a Asociación Vaipolorío?
- Quenes son os Trubincos? E o Demo Asubiador ?
- Cales son as plantas e árbores invasoras máis importantes no río Gafos?
- Onde nace o río Gafos?
- Cales son as árbores representativas das Brañas? E das Fragas? E dos soutos? Ver díptico.
- Nos consellos sobre unha marcha quen debe ir primeiro nun grupo grande? Ver díptico.
- Que diferenza hai entre unha cascada e unha fervenza?
- Fraseoloxía do río - Ver traballo de fraseoloxía sobre o río Gafos.
- Coñecer algunha adiviña sobre o río. Ver Adiviñanceiro do río
- Ver traballos do cole : Sabugueiro , Loureiro, Freixo ...
- Outras ligazóns de interese: Sabugueiro, Amieiro, Bidueiro, Salgueiro ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario