Máis fotos |
Mais na web da Comunidade de Montes de Salcedo
Da súa páxina web sacamos as seguintes: "Existen na parroquia de San Martiño de Salcedo (concello de Pontevedra) un conxunto de petróglifos —o catalogado como Grupo Nº 5 dos petróglifos de Outeiro da Mina— coñecidos como Pedra do Fundamento ou Pedra da Moura. Estas pedras gravadas teñen unha lenda de mouros asociada que di así: “A xente conta que na Pedra da Moura habitan dúas mouras moi fermosas que se convertían en serpes. Din que estas damas belidas gustaban de ir á festa, como o común dos mortais, e cando regresaban para o monte acompañadas dalgún mozo, pois a súa fermosura era engado para acompañantes, ó chegar un pouco antes da devandita pedra parábanse e non deixaban que os mozos as acompañaran máis aló.
Un día un destes pretendentes non fixo caso e seguiunas ata a pedra e cal foi a súa sorpresa cando viu que as mouras que acompañara esa noite se transformaban en serpes arrepiantes e desaparecían na peneda. Tamén contan que outra vez unha destas mouras díxolle ó seu pretendente que era víctima dun feitizo e que debía axudala a romper co pesado encantamento. A moura díxolle ó rapaz que a seguise ata a pedra e que pasase o que pasase non se asustara. Así fixo o mozo, pero tan pronto chegaron á pedra, a moura transformouse en serpe e amosouse ante el con tal repugnante fasquía e un caravel nos beizos. O rapaz asustado saíu correndo sen cumpri-la súa promesa de axuda-la a se desencantar”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario