Petición de colaboración da Escola de Xadrez de Pontevedra"
"Este é o cuarto ano que a Escola de Xadrez Pontevedra (EXP) desenvolve o proxecto Chees strategy for peace en Azraq (Xordania).
"Este é o cuarto ano que a Escola de Xadrez Pontevedra (EXP) desenvolve o proxecto Chees strategy for peace en Azraq (Xordania).
Como novidade, nesta edición interviremos tamén no campo de refuxiados de Zaatari (O maior campo de Xordania).
Como nos anos anteriores, viaxaremos a Xordania para continuar coa labor iniciada no ano 2015, que foi a creación dunha escola de xadrez no campo de Refuxiados de Azraq, achegando o Xadrez como unha ferramenta efectiva para os máis pequenos.
É por iso que vos convidamos a participar neste proxecto tan importante, porque, como docentes, sabemos que a ilusión, a esperanza, a solidariedade son as nosas ferramentas para sementar e contribuír a construír un mundo mellor.
O que vos pedimos para este ano é un set de xadrez, o cal se estrutura do seguinte xeito:
- 1 bolsa* con 32 tapóns de igual tamaño, en dúas cores. (Por exemplo tapóns de botellas de plástico de auga, 16 azuis e 16 brancos. Non deben superar o tamaño das casillas.)
- 1 taboleiro de máximo 50x50 cm, realizado dunha peza (Por exemplo de cartón, madeira de marquetería, papel de celulosa, etc).
Na parte traseira do taboleiro, poderase incluír debuxos, mensaxes, saúdos, datos do curso e centro, etc, tendo en conta que non se nos permite introducir ningún material que faga referencia ás guerras ou material bélico, bandeiras de países e/ou símbolos relixiosos.
- 1 lapis por cada xogo que se realice, para que cada nena e neno poida traballar nos manuais que levamos.
*Bolsa: unha vez saibades o número de xogos que podedes realizar, entregaremos a cada centro o número de bolsas que nos indiquedes. Estas bolsas son tipo lino, co nome do proxecto serigrafiado por unha cara e pola outra, poderedes personalizala como vos guste.
A nosa intención é levar 1.200 sets de xadrez, 1 para cada nena e neno co que imos intervir.
Queda ó voso criterio a elaboración doutros materiais que consideredes (cometas, puzzles...)
A data límite para a entrega dos traballos será o venres 5 de abril. Realizaremos unha pequena charla explicativa do proxecto na Casa da Luz (Na Praza da Verdura).
Moitísimas grazas pola vosa colaboración e solidariedade" Ver memorando
Ningún comentario:
Publicar un comentario