




A través de 80 gravados orixinais de Salvador Dalí e a selección de 19 gravados orixinais de Goya, tivemos a oportunidade de poder gozar da obra de dous xenios da pintura mundial e comprobar que ambos os artistas están moito máis preto do que se podería pensar. Dalí utiliza a técnica do
heliogravado para reproducir os caprichos orixinais engadíndolles cor, ademais da súa característica iconografía e imaxinario surrealista. Así, nas reinterpretacións de
Dalí aparecen
reloxos brandos en alusión ao paso do tempo;
as muletas e falos afastados, símbolos do medo á impotencia sexual; as caveiras, en referencia á fugacidade da vida;
as chaves, simbolizando a mente;
as pedras, en referencia á paisaxe da súa contorna natal;
e o saltamontes, animal polo que sentía terror . A importancia da relectura que realiza Dalí
dos caprichos goyescos radica na sátira que facía Goya no seu tempo
sobre os vicios dos homes e os absurdos da conduta humana, con temas coma
a corrupción do poder, os privilexios das clases gobernantes, a luxuria ou as inxustizas da lei. Destacar que o único título que Dalí respectou integramente dos orixinais de
«O soño da razón produce monstros», considerado por moitas persoas unha das primeiras obras surrealistas.
Goya foi
Ningún comentario:
Publicar un comentario