14.10.18

2018 - Ano do Patrimonio Cultural Europeo - Arquímides

Arquímedes é un dos máis grandes científicos da Historia e unha gloria cultural europea. Na Galipedia

Ademais, veredes as súas invencións e descubrimentos nas clases de Física e de Matemáticas e, porque non, nas de Historia, por algo foi un dos loitadores de Siracusa contra os romanos. Entretido cun debuxo matemático na area, morre a mans dun soldado romano...

Os espelllos ustorios, o Eureka!, o fraude dopeso/volume. En mecánica atribuenselle algunhas invencións tales como a rosca sen fin, a roda dentada, a roldana móbil e a panca. Entre as frases que se lle atribúen está: “dáme unha panca e un punto de apoio e moverei o mundo”.

En matemáticas escribiu sobre

Sobre a medida dun círculo No que dá unha boa aproximación (para o seu tempo) de Pi
Sobre as espirais. Define a Espiral de Arquímedes coma un lugar xeométrico
Sobre a esfera e o cilindro (dous volumes). Do que estaba máis orgulloso,  da relación entre unha esfera e un cilindro cirscunscrito coa mesma altura e diámetro. O volume é {\tfrac {4}{3}}\pi r^{3} para a esfera, é 2\pi r^{3} para o cilindro. A área da superficie é 4\pi r^{2} para a esfera, é 6\pi r^{2} para o cilindro (incluíndo as súas dúas bases), onde r é o radio da esfera e do cilindro. A esfera ten un área e un volume equivalentes a os dous terzos do cilindro. A pedido do propio Arquímedes, colocáronse sobre a súa tumba as esculturas destes dous corpos xeométricos. Ler máis

Ler o que é a Medalla Fields

Ningún comentario:

Publicar un comentario