30.10.12

Arturo e a bruxa

Era unha vez un neno chamado Arturo que vivía nunha aldea preto de Lugo. A súa nai dixéralle moitas veces que non fora ao bosque que alí había unha bruxa moi mala.

Arturo era moi traste, pola noite escapou e foise ao bosque. Cando estaba no bosque escoitou uns ruídos moi estraños, entón escapou, cando ía correndo viu ao lonxe unha luces. Arturo quería saber que eran esas luces e subiuse a unha árbore. Dende o alto viu unha casa. Decidiu ir cara ela, andou e andou, e ao chegar chamou á porta. Detrás da porta apareceu unha señora moi rara e vella, tiña un nariz moi afiado e uns dentes como serras. A señora abriulle a porta e díxolle: Entra raparigo, entra, que é moi tarde e debes ter fame. Non, non, grazas señora, confundinme de casa. Entón ela, sen darlle tempo a marchar, colleuno polo brazo e empurrouno cara dentro. Arturo tiña tanto medo que fixo pis por el. A bruxa ao velo fíxolle tanta graza que caeu de cu ao chan coa risa. Arturo, que era moi listo e rápido, aproveitou a ocasión e fuxiu correndo cara a súa casa. Pero a bruxa levantouse, colleu a súa vasoira e voou e voou ata que o alcanzou. Arturo morto de medo berrou: non me comassss! Foi nese intre cando Arturo espertou.
Contos de medo do Samaín. Teresa G. C. de 3ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario