Estou estudando na escola
máis coñecida da cidade, porque se di que é boa en alumnos e
profesores, pero a verdade e que vive unha horrible pantasma que
aparece pola noite cando xa está baleira e soa. Nos recreos falamos
disto e se era ou non verdade o que se dicía da escola. Metíamos
medo dicindo que vagaba o espírito dunha nena que morrera en
estrañas circunstancias. Entón, como as fiestras das aulas daban á
rúa, un día ocorréusenos facer unha aposta de quen era capaz de ir
a escola pola noite e mirar o que alí pasaba, e o que gañara
levaría un ioió novo e unha raqueta de bádminton que pedira o
mestre de E. Física. Cando chegou a noite fomos catro amigos da
escola, eles tremían e tiñan medo, entón sabía que eu sería a
gañadora. Axudáronme dúas delas a subir para asomarse e apoieime
na fiestra, peguei a cara ó cristal e cando ó cabo dun rato empecei
a ver o que había dentro, xa que estaba todo moi escuro, vin a mesa
do mestre e os pupitres, e no fondo da aula algo se movía ás catro
patas e non era un animal. Parecía unha persoa que se movía moi
rápido e "ghabeaba" pola parede da aula. Levei tal susto que caín para
atrás, e as miñas amigas saíron correndo moi asustadas. Cando
estaba no chan paralizada polo medo mirei para arriba e vin entón
uns pelos enormes asomando pola fiestra e votei a correr. Resultou
que esa fiestra era a da miña aula e pasei todo o curso mirando por
riba do ombreiro, porque notaba como se alguén me soprara na cabeza.
Conto de medo feito por Fátima G. P. (3ºB)
Ningún comentario:
Publicar un comentario