1.9.20

Refraneiro de Setembro

- Agosto e setembro non duran sempre
- En setembro colleita e non sementes.
- En setembro os melóns atópanse polos rincóns.
- En setembro come e bebe, pero non sexa tanto o comer e o beber que non deixes que vender.
- O que queira mel, que cate polo San Miguel (29 de set.)
- Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.
- A castaña no agosto quere arder e no setembro beber.
- Para un bo magosto ter en agosto ha de arder e en setembro beber.
- En setembro, á vendima correndo.
- Ós comezos de setembro aparella as cubas pra vendimar as uvas.
- O que queira boa vendima facer, que se poña en setembro a recoller.
- A cepa, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo setembro.
- Se queres mel, cata polo San Miguel, se queres abellas cata polas candelas.
- Polo San Miguel sabe o touciño a mel.
- Polo San Miguel, uvas e mel.
- Polo San Miguel, xa o coello sabe ben.
- Polo San Mateu ou vendimas ti ou vendimo eu
- Polo san Xil nogueiras a espelir.
- Por santa Tecla abala a nogueira.
- De setembro a San Simón non comas o mexillón.
- En setembro e outono, bebe o viño vello e deixa estar o novo.
- En setembro colle o viño e non durmas no camiño.
- En setembro non hai vella que non trema.
- Trae as moscas san Fernando e lévaas san Cipriano.
- San Pedro e san Simón traen a chave do trebón. Así eles son santos, traian os trebóns mansos.
- Polas vendimas  vende as galiñas, pola Navidade vólveas mercar.
- Nosa Señora de marzo, Deus a traia; nosa Señora de setembro, Deus a deteña.

Máis sobre refráns.

Santoral a ter en conta:
SAN XIL , 1 DE SETEMBRO
SAN CIPRIANO, 16 DE SETEMBRO
SAN MATEO, 21 DE SETEMBRO
SANTA TECLA: 23 DE SETEMBRO
SAN SIMÓN, 28 DE SETEMBRO
SAN MIGUEL 29 SETEMBRO

CANDELAS, CANDELARIA 2 FEBREIRO
SAN BRAIS 3 DE FEBREIRO
SAN MATIAS 24 FEBREIRO
SAN BIEITO 21 MARZO
SAN FERNANDO, 30 DE MAIO
SAN ANTÓN 13 XUÑO
SAN XOÁN 24 XUÑO
SAN PEDRO 29 XUÑO

SAN MARTIÑO 11 DE NOVEMBRO
SAN ANDRÉS 30 NOVEMBRO
SANTA LUCÍA 13 DECEMBRO

28.6.20

Adaptación "Adiós Ríos, Adiós Fontes". Homenaxe ós traballadores da pandemia polo COVID-19 - Alessandra G. R.

Unha galega na Suíza deleitanos con esta adaptación. Haberá que  emigrar para valorar o que temos?

Adios ríos, adios fontes,

adiós regatos pequenos,

adiós vista dos meus ollos

non sei cando nos veremos.


Miña terra, miña terra,

terra onde me eu criei,

tamén onde a ti chegou,

esta mal que fai morrer.


Este mal que non fai ruído,

este mal que non se ve,

este mal que non ten cheiro,

canto mal está a facer!»


Nin disparos, nin ballestas,

non hai bombas nin canóns,

só un virus con corona,

fai estragos en todos nós


E nós que creiamos ser,

os reises do universo,

e ante un virus tan pequeno

cambiamos pronto de verso


Pero dentro desta guerra,

temos soldados de ben,

son médicos e enfermeiras

que nos coidan por doquier


Cansos de tanto traballo,

estes bos profesionais,

olvidanse deles mesmos

para coidar os demais

A maior parte das veces,

en moi malas condicións,

arriscándose a contaxiarse

seguen velando por nós

seguen velando por noooossssss ...


Mil grazas dou a quen cura

a quen nos dá unha palabra

de cariño e de tenrura

mil grazas vos dou, mil grazas


Grazas tamén a quen limpa

grazas tamén ós que aguantan

policias, dependentes,

xentes que poñen a cara


E por riba de todo,

vida a tí che dou as grazas,

leva os virus e as coronas,

deixanos a terra mansa


Fai maxia non pobres homes,

enseñándonos a amala

que quede a terra sementada

de humildade e de esperanza


Adios ríos, adios fontes

adiós regatos pequenos

adiós vista dos meus ollos

non sei cando nos veremos.

non sei cando nos veremoooooooos



13.6.20

Revista Escolar CEP Campolongo 2019-20

Xa temos feita a Revista Escolar 2019-20. Podedes vela dixitalmente aquí  ou na páxina web do cole. Xa está  dispoñíbel en papel no colexio (1 exemplar por familia). Preguntar en conserxería. Temos que pedir desculpas porque non se meteron moitos outros traballos que tamén merecían estar. As circunstancias do confinamento non propiciaron a  comunicación para facer unha revista máis completa.  Algúns deses traballos que non están nesta revista, xunto cos outros,  si están metidos nos diferentes blogs  do EDNL (Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística): Estación Vella , Ghafos, Entre Herbas do Ghafos, Efcampolongo, ... Todo o profesorado do centro  espera que sexa do voso agrado.  Ver fotos ou imaxes que non entraron na revista.

11.6.20

"O Papagaio" - Xuño 2020


Xuño
Revista que por motivos do confinamento pódese ver en  formato dixital.  Ver a  do mes de maio - Ver a do mes de abril

Podes ollar outros números na biblioteca do centro cando volvas o cole.

29.5.20

"Julie Manet e un gato" - Pierre Renoir - Cora Q.V. (6ºC)

Título orixinal: Julie Manet dit aussi L'enfant au chat Julie Manet tamén chamado "A rapaza cun gato "(1887).
"Eu son Julie Manet. Meus pais, Berthe Morisot e Eugène Manet, tiñan unha grande amizade co pintor Pierre Renoir, ao que admiraban polo seu gran talento. Por iso, no é de extrañar que decidiran encargarlle a este  pintor maestro do impresionismo  un retrato meu. Nacín en 1878 e o cadro pintouse en 1887, cando eu tiña 9 anos. A técnica pictórica empregada foi o óleo. Recordo que as sesións nas que posei para Renoir foron,  moi tranquilas e que o cadro foi pintado pouco a pouco, algo que non era propio deste artista. Din que o cadro desprende felicidade e encanto, que miro ao espectador con ollos cheos de vida. No meu colo atópase moi cómodo o meu gato, que está descansando e cheo de ledicia nos meus brazos. Din que alguén que non vivira cun gato non podería reproducir a expresión dun animal como fixo Renoir.  O cadro podedes velo no Museo d’Orsay, París (Francia)."  Cora Q.V.  (6ºC) - Ver máis Cadros Vivos

"Os 3 músicos" - P. Picasso e "O Grito" E. Munch - Cecilia C. G. (4ºC)


28.5.20

"Autorretrato coa orella cortada" -Van Gogh - Daniel B. D. (6ºA)

"Vincent Willem Van Gogh foi un pintor neerlandés, un dos principais expoñentes do postimpresionismo. Pintou  900 cadros (entre eles 43 autorretratos e 148 acuarelas) e realizou mais de 1600 debuxos. Unha figura central na súa  vida foi o seu irmán menor Theo, marchante do arte en París, quen lle prestou apoio financeiro de maneira continua e desinteresada. Van Gogh foi esencialmente autodidacta. A calidade da súa obra foi recoñecida solo despois da súa morte, nunha exposición retrospectiva en 1890, considerándose na actualidade un dos grandes maestros da historia da pintura.  “A orella de Van Gogh”: Cortou  a súa orella realmente cunha navalla?  Van Gogh centraba a súa vida arredor dunha persoa esencial para él: Paul Gauguin. Unha noite, e durante unha visita a un prostíbulo, Gauguin comentoulle a súa intención de deixalo, non soportaba os seus cambios de humor, as súas excentricidades e debilidades. E aínda máis,  tíñalle medo. Empezaron a loitar na rúa con espadas, pero Gauguin era un experto en esgrima e, quizá sin querer, pasou o filo demasiado cerca e terminou cercenándo a orella do seu complicado amigo. Van Gogh foise para casa, e ao día seguinte, envolveu  nun pañuelo a orella para enviársea a Rachel, unha das prostitutas que solía frecuentar Gauguin. Declarou que era un acto de despeito, e que levado pola loucura el mesmo cortou a orella coa súa propia navalla. Non desexaba que culparan a Gauguin, no desexaba por nada do mundo que o seu querido amigo fora xulgado e  aínda menos condenado. Pero tal vez, foi así como comezou a  súa propia condena, porque tras aquel incidente Paul Gauguin desapareceu para sempre da súa vida, e deixándose vencer pola loucura e a desesperación suicidouse poco tempo despois cun tiro no  peito, despidiéndose do seu irmán Theo cunha frase:  A miseria no remata endexamais. "  Daniel B. D. (6ºA)   Ver máis Cadros Vivos