16.10.18

"Hora de ler" - Maleta Viaxeira da Xunta














Dos 42 libros  que temos durante este mes de outubro da "Maleta Viaxeira" da Xunta atopamos 9  en galego.

15.10.18

Actividades de Normalización do Concello de Pontevedra

Obradoiros por idades
Clicando nas ligazóns tedes un resumo de cada actividade (contidos, material, adecuación ). Proximamente porán algunha imaxe sobre a actividade. Na maioría das actividades remata o prazo de solicitude o 30 de novembro, agás as Xornadas Micolóxicas que é o 30 de outubro.
 Obradoiros: (na imaxe podedes ver a recomendación das idades)
1. Xornadas micolóxicas  (1º trimestre)
2. Verbateca
3. Mario pensaba que o galego non servía para nada. El sabía inglés, francés, chinés...
4. O misterio de Antón Fraguas
5. Contos nas orellas
6. Lingua Forza 3
7. Xoguetoloxía: obradoiro de xogos sen nada nas mans
8. Para vir a xunto a min, vai mollar a lingua, galopín!
9. Camiño da lingua
10. Regueifa para a igualdade
11. Meigallo
12. O mundo do INHO (secundaria)
13. OPS! O galego, a nosa vantaxe (secundaria)
14. Scriptorium  (secundaria)
15. A Arte da Palabra na Cultura Hip Hop (secundaria)

1. O galego tamén noutros mundos
2. Castelao e Nós. Unha viaxe pola súa obra
3. Castelao para nenos e nenas
4. As imaxes de Castelao. Fotobiografía
5. Avilés de Taramancos. Fotobiografía
6. Luís Amado Carballo (1901-2001)
7. Frei Martiño Sarmiento
8. Os traballos de Xaquín Lourenzo
9. Eladio Rodríguez
10. Alexandre Bóveda
11. Manuel Murguía
12. Exposición Bravú XX (1994-2014)

Camiñadas con Castelao
Roteiro Sarmiento
Roteiro Xoán Manuel Pintos
Roteiro infantil
Camiñadas con María Victoria Moreno

Correlingua: Concurso de video e banda deseñada (tod@s) /Concurso creación de manifestos  /Posadoiro nos centros de ensino / Cantalingua: concurso para dar a coñecer entre o público máis novo a música que se está a facer no noso país.

Dalle a lingua (ONDA CERO RADIO): espacio para activar a oralidade entre o alumnado.

"Gústame cavilar, contar historiar e namorar en galego " - 3ºC





Ver máis na etiqueta "Gústame"

14.10.18

2018 - Ano do Patrimonio Cultural Europeo - Arquímides

Arquímedes é un dos máis grandes científicos da Historia e unha gloria cultural europea. Na Galipedia

Ademais, veredes as súas invencións e descubrimentos nas clases de Física e de Matemáticas e, porque non, nas de Historia, por algo foi un dos loitadores de Siracusa contra os romanos. Entretido cun debuxo matemático na area, morre a mans dun soldado romano...

Os espelllos ustorios, o Eureka!, o fraude dopeso/volume. En mecánica atribuenselle algunhas invencións tales como a rosca sen fin, a roda dentada, a roldana móbil e a panca. Entre as frases que se lle atribúen está: “dáme unha panca e un punto de apoio e moverei o mundo”.

En matemáticas escribiu sobre

Sobre a medida dun círculo No que dá unha boa aproximación (para o seu tempo) de Pi
Sobre as espirais. Define a Espiral de Arquímedes coma un lugar xeométrico
Sobre a esfera e o cilindro (dous volumes). Do que estaba máis orgulloso,  da relación entre unha esfera e un cilindro cirscunscrito coa mesma altura e diámetro. O volume é {\tfrac {4}{3}}\pi r^{3} para a esfera, é 2\pi r^{3} para o cilindro. A área da superficie é 4\pi r^{2} para a esfera, é 6\pi r^{2} para o cilindro (incluíndo as súas dúas bases), onde r é o radio da esfera e do cilindro. A esfera ten un área e un volume equivalentes a os dous terzos do cilindro. A pedido do propio Arquímedes, colocáronse sobre a súa tumba as esculturas destes dous corpos xeométricos. Ler máis

Ler o que é a Medalla Fields

Día da Ciencia en Galego - Novembro 2018

 Ver na páxina web

Relacionado: Día Internacinal da Terra

2018 - Ano do Patrimonio  Europeo

Persoeiro do Día da Ciencia en Galego 2018 - Domingo Fontán 

Día Internacional da Terra

Unha das maiores preocupacións de Gobernos e cidadáns en todo o mundo ten que ver co impacto das nosas actividades sobre a natureza. Vivimos nun fogar común co resto dos seres vivos, a Terra, un lugar que nos proporciona todo o que necesitamos, pero é preciso buscar un equilibrio entre o uso dos recursos e a conservación do medio ambiente para garantir o sustento das xeracións futuras.  Ler máis

Unidades Didáctica de Domingo Fontán - Día da Ciencia




Ver na wikipedia. -  Carta Xeométrica
Ver persoeiros que aparecen no Álbum da Ciencia da época de Fontán.
Ver Unidade  Didáctica  (alumnado de secundaria).

Ver traballo Merino e Fontán (Irene Caamaño)

Ver Día da Ciencia doutros anos

3.10.18

Sáida de 6º polo Gafos



Este mércores 3 e o venres 5 de outubro saímos os de 6º facendo unha marcha de senderismo polo Gafos até o Muíño de Cabanas na parroquia de Salcedo.  A Asociación Vaiopolorío colaborou conosco abríndonos o muíño para poder velo por dentro.  Ver díptico sobre o río  - Máis sobre o río Gafos  - Ver máis fotos

29.9.18

Refraneiro Galego

Pondo unha palabra podes buscar os refráns relacionados co mesmo ou ben subir tamén un para colaborar coa páxina.

Exemplo: refráns coa palabra setembro