27.11.14

O virus lingüístico en Campolongo


A actividade Lingua Forza 3 (para 5º e 6º no noso centro) consistiu nunha divertida xincana lingüística integrada por xogos que combinaron habilidades físicas, lingüísticas e mentais arredor do léxico do deporte e do patrimonio inmaterial galego oral, da man de Xandobela Xestión e Dinamización Sociocultural.
 As actividades  que se fixeron  foron os seguintes:
1. Recibimento e quecemento. Contextualización dramatizada da actividade e motivación para fomentar a participación dos nenos e nenas. Explicación en círculo da sesión. Aproximación práctica ao léxico específico relacionado co currículo de educación física.

2. Feirón con tres probas rotatorias:
Proba de habilidade física, lingüística e mental: xogo e traballo co patrimonio cultural inmaterial do galego oral.
Proba de resistencia física, lingüística e mental: xogo cooperativo no que se traballa co léxico e vocabulario específico da área de educación física.
Proba de velocidade física, lingüística e mental: xogo cooperativo e construción de palabras escritas correctamente en galego.
3. Proba definitiva. Empregando compoñentes do noso patrimonio oral un xogo reunirá as tres disciplinas: habilidade, velocidade e fortaleza física co uso da lingua como ferramenta fundamental.

Aínda que o alumnado superou as tres probas que se fixeron, as  conclusiósn das tres "Doutoras" foi que todo o colexio está contaxiado do virus lingüístico pero que aínda se teñen os medios suficientes e aínda estamos a tempo para combatelo con forza, só é necesario cambiar de rexistro idiomático cando fora preciso, practicándoo todos os días e non deixando morrer a nosa lingua.

Ver máis fotos        Ler máis
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario