"O día principal e case final do Entroido —aínda queda o enterro da sardiña e as piñatas — é o Martes Gordo. Como é ben sabido, a data varía cada ano pois está condicionada pola de Pascua de Resurrección e esta á súa vez polos calendarios solar e lunar. O Domingo de Resurrección será o primeiro posterior á primeira lúa chea despois do equinoccio de primavera —21 de marzo—. Escollérono así os primeiros cristiáns para que coincidise coa Pascua xudía pois parece que esa era a festa que se celebraba cando a Última Cea. E como a igrexa marca o tempo en corentenas, o período precedente, o da Coresma —de xaxún e abstinencia—, debe durar outros corenta días. Así que descontando esa corentena —sen computar os domingos— fixamos a data exacta do día grande de Entroido que será sempre martes por ser domingo o de Resurrección. O que sempre coincide é que os días grandes do Entroido caen en período de lúa nova e a Semana Santa en lúa chea. Isto ten moitas e interesantes lecturas e interpretacións sobre a migración das almas que hoxe non temos lugar para comentar". - Antonio Reigosa do Xornal Nós Diario
Etiquetas
8 de marzo
Activ. LIM
Brincaletras
Cadros Vivos
Camelia
Campañas
Cantigas Galegas
Carvalho Calero
Celebracións
Cogomelos
Contos
Curiosidades
Curso 09-10
Curso 10-11
Curso 11-12
Curso 12-13
Curso 13-14
Curso 14-15
Curso 15-16
Curso 16-17
Curso 17-18
Curso 18-19
Curso 19-20
Curso 20-21
Curtas
Dálle á Língua"
Día da Ciencia
Día da Paz
Dígocho eu
Documentais
Entrevistas
Entroido
Experimentos
Fotos
Frases Feitas
Galefas
Gramática
Gústame
Historia
Informática
Lendas
Letras Galegas
Lexislacion
Libros
Lingua
Magosto
Maio
Música
Normativa
Nós tamen creamos
O Apalpador
Ollos de aula
Onda Cero
Panxoliñas
Para Traballar
Patrimonio
Peixes
Persoeir@s
Poesía
Ponte nas Ondas
Recursos
Refraneiro
Revistas
Río Ghafos
Rosalía
Rueiro Pontevedra
Salón do Libro
Samaín
Sementando Palabras
Teatro
Traballos
Trotacontos
Unesco
Vídeos
Vocabularios
Xadrez
Xela Arias
Xogos
Yogote
Páxinas de interés
20.2.21
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario