27.4.20

"O vello guitarrista cego" - Picasso - Martín R. M. 4ºC

"Eu son  o vello guitarrista cego, fun pintado no ano 1903 polo pintor cubista malagueño Pablo Picasso,  mediante a técnica de óleo sobre lenzo. Represento un dos cadros máis característicos do período azul de Picasso.   O período azul transcorre entre os anos 1901 e 1904. Nesta época Picasso estaba moi triste polo falecemento do seu amigo Carlos Casagemas.  Durante esta época Picasso viviu en Barcelona e París, reflexaba nos seus cadros a pobreza, o illamento e o pesimismo cos que se sentía identificado.
Na etapa azul Picasso comezou a pintar cadros de persoas tristes e pobres, como o meu  cadro: “o vello guitarrista cego”, que me encontrou nas rúas de Barcelona. A cegueira pasou a ser un tema recurrente ao longo da súa obra, motivado polo seu medo a perder a vista, como lle ocorrera ao seu pai. Na actualidade atópome no Instituto de Arte de Chicago, Estados Unidos."  Martín R. M. 4ºC

No hay comentarios:

Publicar un comentario