Bansky é o artista máis representativo do denominado Street Art na actualidade (arte na rúa). Non se teñen datos de quen é o artista, aínda así, as súas obras chegaron ás máis variadas cidades do planeta. Este artista realiza obras con técnicas de grafiti. Adoita facer críticas á sociedade actual con temas de guerras, militarismo, traballo infantil, cambio climático e consumo desenfreado.
Escollín esta obra titulada “Grafiti is a crime” que significa “o grafiti é un delito” porque me chamou a atención a súa historia. O autor atopou o sinal de prohibido facer grafitis nunha parede da cidade de Nova York e debuxou a un neno subido nas costas doutro tomando o bote de spray do sinal contradicindo a prohibición. Poucas horas despois as autoridades da cidade descubrírono e pintaron por riba do grafiti con pintura branca para bórralo. Pero antes de facelo numerosos transeúntes lle fixeran unha foto e compartíronno con todo o mundo polo que non se perdeu. Mateo B. R. (5ºC) - Ver máis Cadros Vivos
Ningún comentario:
Publicar un comentario