8.5.19

Cantigas galegas "A Carolina"


A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dálle ó rabo.
-Bailaches Carolina?
-Bailei, si señor.
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co meu amor (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.

A Carolina é unha tola
que todo o fai ó revés,
vístese pola cabeza
e díspese polos pés.
-Bailaches Carolina?
-Bailei no cuartel.
-Dime con quen bailaches.
Bailei co coronel (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, no cuartel.

O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.
-Bailaches Carolina?
Bailei abofé
Dime con quen bailaches
-Bailei co meu Xosé (tres veces)
Bailaches Carolina
Bailei abofé

No curro da Carolina
non entra carro pechado,
namais entra a Carolina
co seu cocho polo rabo
-Bailaches Carolina?
-Bailei, si señor.
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co meu amor

Co teu amor Carolina
non volvas a bailar
porque che levanta a saia
e é moi mala de baixar   (BIS copla)



Ningún comentario:

Publicar un comentario