17.1.18

Trotacontos ou Conto Viaxeiro - Xuntanza da organización 2017-18

A xuntanza fíxose no CEIP Campañó. O título  elixido foi "Os asubíos da fraga". Cada cole escolle a temática que considere relacionada co título: animais,  árbores e prantas, medio ambiente, incendios, .....

Farase un só conto, xuntando infantil e 1º ciclo de primaria.

Cada aula fai unha páxina. Como sempre en A3 horizontal (297 x 420), deixando un marco na páxina.  Letra lexible, pensando que as páxinas van a ser reducidas para impresión,  seguramente en A5 (148 x 210)

A portada farémola en Campolongo cunha selección  de todo o material que entreguedes, intentando que saia algo de todos os  colexios participantes.

Non esquezades de enviar por correo as fotos dos grupos das aulas que traballan.

Se enviades un anaco de video podemos facer tamén unha montaxe igual que o ano pasado.

Acordamos entregar todo como máis tardar o  venres 6 de abril Entregarase o material na conserxería do CEP Campolongo, que é o centro coordinador neste curso.    -  Ver Contos de outros anos

NOTA. Este artigo está neste blog na etiqueta "Trotacontos", por se nalgún momento queredes recordar algo do acordado.

Nº Exemplares: Alumnado, profesorado e Biblioteca

CEP:  Campolongo: 85  -          Nº páxinas: 3
EEI Crespo Rivas: 85   -           Nº páxinas: 3
EEI  Xeve :  48              -          Nº      "         3
EEI Fina Casalderrey: 70 -        Nº     "         3
CEIP Campañó: 90          -        Nº      "        4
                                     

Total: 408 exemplares   + 10 do Concello = 418 
Total páxinas:  18 + Indice/Portada/Contraportada+ fotos = 24

GASTOS:
CUSTO IMPRESIÓN  (Grupo Tres):  2,05 € + 4% IVA cada exemplar
CUSTO CONTACONTOS (Polo correo do vento): 1573 € (IVA incluído). Todas as sesións

Ningún comentario:

Publicar un comentario